Esta tarde o alumnado de Artes Escénicas de 4º de ESO, baixo a dirección da súa profesora Hortensia Alonso, realizou unha posta en escena no Salón de Actos coa que sacou á luz a un grupo de mulleres, unhas máis coñecidas e recoñecidas ca outras. Rosakía de Castro, Helena de Troya, Hipatia de Alexandría, Marie Curie son máis populares. Outras, como as coruñesas Irene González e Sofía Casanova, a francesa Camile Claudel, a estadounidense Isadora Duncan son menos coñecidas mais non por iso menos valiosas. E otras moitas, ata preto de trinta personaxes femininos, preséntanse ante o público coa súa indumentaria e a súa biografía.
Con este acto quixeron facer unha homenaxe a tantas mulleres valentes e valiosas que habitaron as sombras durante moito tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario