4.11.10

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 2010

A BIBLIOTECA, en colaboración co EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, convoca un ano máis o

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
de acordo coas seguintes

BASES:

I. FORMATO
Material: Cartolina
Tamaño: 21 x 5
Pode empregarse calquera técnica pictórica (acuarela, acrílico…)

II. TEMA
O marcapáxinas conterá:
Un debuxo que faga referencia á lectura ou aos libros.
Un texto, escrito en lingua galega, que pode ser unha frase, un slogan ou unha cita literaria animando a ler ou acerca da lectura.

III. PRAZO
O prazo remata o día 16 de decembro de 2010.
Os participantes entregarán na Biblioteca o seu marcapáxinas, que estará asinado cun lema ou pseudónimo. Acompañaran o marcapáxinas dun sobre: no exterior escribirán o mesmo lema ou pseudónimo e no interior introducirán un papel cos seus datos persoais.

IV. PREMIO
O marcapáxinas gañador será premiado con 50 € en metálico. Este marcapáxinas, convertido en marcapáxinas 2010, será reproducido e entregado como avasallo da Biblioteca. Tamén será reproducido no blog da biblioteca.

ANÍMATE E PARTICIPA!

2.6.10

BIBLIONOVAS

Un novo exemplar de Biblio-novas, o Boletín do Equipo de Biblioteca, no que se detallan as principais actuacións desenvolvidas ao longo deste curso.

19.5.10

PRIMEIRO CERTAME DE EXPRESIÓN ORAL

Co motivo de conmemorar o día das nosas letras, o martes día 18, ás 12,30 celebrouse no salón de actos do noso instituto o Primeiro Certame de Expresión Oral CANTOS CONTOS. Participaron numerosos grupos, sobre todo dos cursos de ESO. Que lles pasa aos de bacharelato????

O xurado felicitou aos participantes polo seu entusiasmo e pola súa competencia no uso oral do idioma así como pola súa expresividade e simpatía. Confesaron que o fallo non foi fácil xa que eran moitas as clases que se fixeron merecedoras do premio que ao final recaeu en 1º C. Deste grupo destacaron a súa boa dición e expresividade.

O público aplaudiu de forma entusiasta todas as intervencións pero de xeito especial o conto de Sechu Sende titulado “Eu fixen güija co espíritu de Castelao” que fixo rir ruidosamente, pola graza e bon facer dos intérpretes, a todos os asistentes.

 

1 2 6
3 7 8
4 9 19
13 14 22

9.5.10

UXÍO NOVONEYRA

Algúns poemas de Novoneyra na voz do propio poeta



5.5.10

BIBLIOBURRO CON ALFA E BETO

Elisa envíanos esta noticia que nos fala do traballo dun home de Colombia para levar os libros ata as zonas máis recónditas do país empregando burros de carga, Alfa e Beto. Os nenos destas remotas zonas, ás que non chegan as escolas, poden deste modo coñecer os libros e disfrutar da festa da lectura.
Unha fermosa iniciativa que nos axuda a decatarnos das moitas dificultades que teñen nalgúns lugares para acceder aos libros. E tamén para que recoñezamos as moitas facilidades que nós temos para acceder á cultura, algo ao que non sempre damos todo o aprecio e importancia que merece.

Podemos ver a noticia pinchando aquí

26.4.10

DÍA DO LIBRO CON CRISPIN D´OLOT

Este ano puidemos celebrar o Día do Libro ao grande. Tivemos a honra de escoitar e disfrutar do ben facer dun xograr do noso tempo, Crispín D'Olot, que fixo para nós un bo percorrido pola Literatura escrita en castelán. Ofreceunos dúas sesións para achegarse aos programas da materia (Literatura Castelá) dos cursos 3º ESO e 1º Bach. por unha banda e 4º e 2ºBach por outra.
Axudado coa música, xestos e voz regalounos unha boa mostra dos textos principais de todos os tempos, dando vida á Literatura, dun xeito divertido. Moitos personaxes literarios déronse cita no noso Salón de Actos para demostrar a quen aínda non o soubese que a Literatura non ten por que ser una materia aburrida, senón a vida mesma feita palabra.
Aquí vai o enlace á súa web





A continuación, entregáronse os premios do CONCURSO LITERARIO


E posteriormente tivo lugar unha lectura colectiva na Biblioteca na que os alumnos aproveitaron para deixarnos as súas recomendacíóns de lectura.



21.4.10

OS XOVES SI LEN

Nestes días nos que estamos preparando os actos de celebración do DÍA DO LIBRO, o diario El Mundo publica unha informacións segundo a cal "a estatística desmonta o mito de que os xoves non len".

O xornal recolle un estudo realizado polo Barómetro de hábitos de lectura y compra de libros de la Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) do que se extraen algúns datos ben interesantes:

-O índice de lectura nos xoves entre 14 e 24 anos sitúase no 70,5 %.
-E entre os 10 e 13 anos chega ao 91,2 %.
-O nivel de estudos é determinante para o hábito de lectura, xa que a maior nivel de estudos detéctase unha maior porcentaxe de lectores: 0 82 % dos que teñen estudos universitarios, o 60 % entre dos que teñen estudos secundarios e cae ao 31,1 % nos que só teñen estudos primarios.

En palabras de Elsa Aguiar, do Grupo SM, "moi probablemente, estes lectores non van deixar de selo a medida que crezan, así que podemos supor que nos próximos anos haberá un paulatino crecemento da taxa de lectura en España, como vén sucedendo nos últimos anos".
Unha información esperanzadora que nós compartimos e que nos anima a continuar desenvolvendo estratexias de animación á lectura entre os nosos estudantes.

AGASALLO DA BIBLIOTECA DE FRIOL


Hoxe recibimos de parte da Biblioteca do CPI Dr. López Suárez. de FRIOL un agasallo moi especial: o selo "Vale a pena picar de olho nese blog!" que agradecemos moitísimo.

A aceptación deste agasallo supón a aceptación destas condicións:
• Incrustar a imaxe do selo cunha ligazón ao blogue que nos outorgou o premio.
• Enlazar outros 10 blogs que, na nosa opinións, tamén merece a pena visitar. E, aínda que é moi difícil a escolla entre tantos marabillosos como existen, decidimos seleccionar os seguintes:

O recanto de Mik

Ars legendi

Parabéns para todos.

22.3.10

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo foi declarado pola UNESCO o Día Mundial da Poesía. Desde a biblioteca quixemos sumarnos a esta celebración e organizamos unha exposición de libros de poesía. Tamén penduramos poemas para que todos os que acudan á biblioteca poidan levan de agasallo un poema dalgún dos autores máis significativos da literatura universal. Poemas de moi diversos temas, escritos en galego, en castelán, en inglés, en francés, en portugués, en italiano, en alemán... para todos os gustos.



E hoxe, máis ca nunca, temos presentes os versos de Bécquer:

RIMA IV
No digáis que agotado su tesoro,
De asuntos falta, enmudeció la lira:
Podrá no haber poetas; pero siempre
Habrá poesía.



Mientras las ondas de la luz al beso
Palpiten encendidas;
Mientras el sol las desgarradas nubes
De fuego y oro vista;


Mientras el aire en su regazo lleve
Perfumes y armonías,
Mientras haya en el mundo primavera,
¡Habrá poesía!


Mientras la ciencia a descubrir no alcance
Las fuentes de la vida,
Y en el mar o en el cielo haya un abismo
Que al cálculo resista;


Mientras la humanidad siempre avanzando
No sepa a dó camina;
Mientras haya un misterio para el hombre,
¡Habrá poesía!


Mientras sintamos que se alegra el alma
Sin que los labios rían;
Mientras se llora sin que el llanto acuda
A nublar la pupila;


Mientras el corazón y la cabeza
Batallando prosigan;
Mientras haya esperanzas y recuerdos,
¡Habrá poesía!


Mientras haya unos ojos que reflejen
Los ojos que los miran;
Mientras responda el labio suspirando
Al labio que suspira;


Mientras sentirse puedan en un beso
Dos almas confundidas;
Mientras exista una mujer hermosa,
¡Habrá poesía!





4.3.10

ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Nesta edición do CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 2010, convocado polo Equipo de Potenciación e a Biblioteca, o Xurado, ante a elevada participación e a alta calidade dos marcapáxinas presentados, decidiu conceder dous primeiros premios, que corresponderon a:

PAULA CONDE LAMA, de 2º de Bacharelato E


e IAGO ROMAN VÁZQUEZ, de 1º de Bacharelato D.


Asemade, foron recoñecidos con accésits os realizados por: IRENE ALONSO ORTEGA (1º de ESO D) ALBA PÉREZ FERNÁNDEZ (3º A)

SAMUEL DAPÍA (3º A)IREA CARBALLO SEARA (4º C)
O Xurado felicita a todos os premiados e salienta que a calidade e variedade dos deseños e dos slogans avalan a consecución dos obxectivos propostos: a animación á lectura e a potenciación da lingua galega.

HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ

O pasado día 3 de marzo na Biblioteca do Instituto, celebramos o noso pequeno homenaxe a Miguel Hernández con motivo do centenario do nacemento deste poeta alicantino. Mesturamos a súa poesía recitada por algúns dos nosos alumnos con outros poemas aos que puxeron música Joan M. Serrat, Mayte Martín e Jarcha para recordar a figura deste sinalado home das letras . Estiveron presentes no acto os alumnos de 3º ESO A , grupo ao que pertencen os recitadores do acto, así como os gañadores do concurso de marcapáxinas. Estes últimos estiveron presentes porque o acto rematou coa entrega de premios do mencionado concurso.

22.2.10

ORGULLOS@S DO NOSO, ORGULLOS@S DO GALEGO


A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística acaba de pór en marcha a campaña ORGULLOS@S DO NOSO, ORGULLOS@S DO GALEGO, unha campaña na que participan Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro.

Tal e como podemos ler na súa web http://www.coordinadoraendl.org/orgullo/ "Este é un espazo onde queremos mostrar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, somos moitos e moitas os que estamos orgullosos de termos unha lingua propia. Aquí encontrarás videos, materiais para imprimir e distribuír como queiras, cando queiras e con quen queiras, e moitas, moitas persoas coma ti que presumen da nosa lingua, do galego."




18.2.10

TESTAMENTO DO MECO

Esta mañá despedímonos do Meco e, entre bágoas, queimámolo na fogueira, pois este é o destino certo que todos os anos lle agarda. Tamén escoitamos a lectura do seu Testamento que foi realizada polo señor Notario.
Esperamos que regrese o ano próximo en que o recibiremos como se merece.

11.2.10

MECO 2010



O noso Meco xa loce pendurado ben alto, como testemuña e pregoeiro do Entroido.

Os alumnos de 4º de Diversificación, dirixidos pola súa profesora Hortensia, foron os encargados de preparalo e deixárono, como pode verse, ben campante.

Aquí van algunhas imaxes que recollen as distintas etapas da súa elaboración.