En días pasados deixamos aquí un vídeo da campaña "Máis libros, máis libres" coa que a Consellería de Cultura quere potenciar a lectura. Agora poñemos estoutros igualmente interesantes e bonitos.
Library of Congress - Read from ZorroFX on Vimeo.
Por hoxe bastan. Outro día máis!
Se coñecedes vós algún outro enviádenolo!
28.5.08
23.5.08
GAIOLA ABERTA, XA ESTÁ AQUÍ!
13.5.08
ANNE FRANK
Os alumnos de alemán realizaron unha viaxe de estudos a Alemaña e durante a súa estadía en Frankfurt visitaron a casa de Ana Frank. Elisa comparte connosco as súas impresións e infórmanos acerca da significación deste lugar.
ANNE FRANK (* 12 DE XUÑO DE 1929 - MARZO DE 1945)
Anne Frank naceu o 12 de xuño de 1929 en Frankfurt, motivo polo cal se creou nesta cidade un centro de estudo dedicado á figura desta moza: a Jugendbegegnungsstätte
(http://www.jbs-anne-frank.de/). Durante a nosa viaxe de estudos a Frankfurt tivemos a ocasión de visitar este centro.
Este centro sitúase no mesmo barrio no que estaba a casa natal de Anne Frank, que foi destruída durante a 2ª Guerra Mundial. Alí ofrécense seminarios e charlas, pero tamén se pode visitar unha exposición interactiva dedicada á vida de Anne Frank.
O punto de partida desta exposición céntrase no Diario de Anne Frank, e a partir deste preséntanse tres fases da historia:
- a figura de Anne Frank e a súa contorna
- o transfondo histórico
- a súa relación co mundo actual
Paralelamente ofrécense tanto testemuños da época como as opinións dos visitantes da exposición, polo que a exposición deixa moitas cuestións sen resposta:
- Existe unha guerra xusta?
- Que significa hoxe en día, en Alemaña, pertencer a unha minoría?
- Cal debería ser a nosa reacción a noticias relacionadas con xenocidios?
E inténtase dar resposta a elas, non só en relación con Anne Frank senón nun sentido máis amplo, aplicando estas cuestións a todas as vítimas da 2ª Guerra Mundial e de todas as guerras, persecucións, racismo e discriminacións. Esta exposición non é un museo, senón un centro interactivo, onde o visitante elixe o que quere ver, tocar e aprender.
Para máis información:
A exposición interactiva na rede [en alemán]: http://www.ein-maedchen-aus-deutschland.de/
Casa de Anne Frank en Amsterdam: http://www.annefrank.nl/
Centro de Anne Frank en Berlín: http://www.annefrank.de/
Bergen Belsen – Lugar conmemorativo: http://www.bergenbelsen.de/

Aquí tedes unha fotografía do facsimil do diario de Anne Frank. O orixinal atópase na súa casa en Ámsterdam.
6.5.08
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)