16.4.16

SEMANA DA CIENCIA 2016

Na Biblioteca unímonos á celebración do Semana da Ciencia cunha exposición de libros de temática científica: Isaac Asimov, Aldoux Huxley, Madame Curie...




O Departamento de Física e Química organizou, un ano máis, unha exposición das creacións realizadas polo alumnado. Foron os alumnos e alumnas os encargados de detallar os fundamentos científicos dos prototipos realizados.





1.4.16

NOVIDADES

Novas incorporacións na nosa biblioteca.



OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

 Esta mañá acudimos ao Auditorio para presenciar a representación de Os vellos non deben de namorarse realizada por Fantoches Baj. Neste ano en que se cumpren os 75 anos da súa publicación, esta compañía achéganos unha coidada versión con monicreques. Realmente, moi interesante!