24.1.08

O futuro roubado


O autor mestura moi ben os avances tecnolóxicos (o ordenador, a videoconferencia, o transportador, etc.), coa necesidade de preservar o medio ambiente para as vindeiras xeracións. Oxalá o futuro fora como se describe no libro. Se todos contribuímos poderemos conseguilo.

(Alba Pérez, 1º D)

Este libro pareceume moi interesante porque, de certa maneira, pretende enviarnos unha mensaxe. [...] Gustaríame ler outros libros deste autor porque o que acabo de ler gustoume moito, aínda que ao principio non pensara o mesmo, xa que me parecía un pouco aburrido ou pesado.
(Clara Pérez, 1º D)

Este libro non me gustou nada. [...] creo que o tema que trata é interesante, pero aburrinme ao lelo. Distraíame con calquera cousa polo feito de que nalgunhas partes non lograba mergullarme na lectura. Sen embargo, había detalles nos diálogos que me facían gracia e non podo negar que o autor describe moi ben as situacións nas que se atopan ospersonaxes. [...] Gustoume tamén a idea de poñer o nome no comezo do capítulo para saber quen narraba a historia.
(Claudia Platero, 1º D)

O libro non me gustou nada; intenta dicir nun anaco pequeno demasiadas ensinanzas. E se di que Said e Sheila viñeron do "futuro" o pasado non se pode cambiar, porque senón cambiarían cousas do futuro. Custoume moito lelo.
(Carmen Sotelo, 1º D)

Eu pensaba que ía ser mellor pero ó comezar a ler non me gustou que en cada capítulo fale unha persoa e sexa ela a que o conta. Pero gustaríame que fora así o futuro porque os vehículos non contaminan e polos avances tecnolóxicos.
(Javier Francisco, 1º D)

Gustoume moito o argumento e gustaríame que o futuro fose como din no libro. Mostra tamén algunhas realidades, como a tala de árbores, a escravitude... Chamoume a atención que citase a lenda da trabe de ouro e a trabe de alcatrán, e o castro de Baroña, xa que son cousas das que xa oíra falar. Por desgracia, todos eses desastres están ocorrendo e, se ninguén fai nada por evitalo, os nosos fillos e netos atoparán un Mundo completamente estragado.
(Sabela Rodríguez, 1º D)

A min este libro non me gustou moito. Paréceme bastante aburrido e algunhas cousas non as entendía ben. Creo que esaxera bastante o futuro e sempre fala do mesmo, e para min iso faino moi pesado. O único un pouco emocionante ocurriu no principio e algo no final.
(Ángela Fernández, 1º D)

Ó principio era un pouco aburrido, pero despois a historia desenvolveuse e xa foi moito máis entretido. Creo que os mellores capítulos foron os intermedios. Este libro creo que llo recomedaría a calquera neno da miña idade.
(Guillermo Salgado, 1º C)
Gustoume moito. É un libro que te engancha e lese perfectamente. Gustoume máis que Ameaza na Antártida. E pareceume moi estraña a entrada ó pasado. O personaxe que mais me gustou foi o colibrí. E deume pena a historia de Siara.
(Marta Mejía, 1º C)

Pareceume moi interesante porque en Galicia póñense moitos muíños eólicos... creo que demasiados. Desde o meu punto de vista, estropéase a vista dos nosos montes, ou non? Este libro pareceume verdadeiramente realista. Hai detalles un tanto estraños, pero esta moi ben.
(Ada Iglesias, 1º C)

Non estivo mal, pero non me gustou o final. A parte que máis me gustou foi cando foron a Brasil.
(Nicolás Mira, 1º C)

22.1.08

Novidades

Incorporamos hoxe ao noso blog algunhas novidades:

Por unha parte engadimos o noso correo electrónico (biblioaslagoas@hotmail.com) para que poidades enviarnos comentarios, suxestións, recomendacións de libros e todo aquilo que vos pareza interesante en relación co mundo dos libros, da lectura, da música, do cine... da cultura.

Tamén incluímos algunhas novas ligazóns: O mapa dos blogs de bibliotecas e a páxina cos enlaces aos Blogs de bibliotecas escolares galegas , para que poidades coñecer o que neste ámbito se está facendo por Galicia adiante. Tamén a ligazón á Fundación Germán Sánchez Ruipérez, que nos fornecerá interesantes achegas sobre literatura.

E, por último, creamos unha nova etiqueta: "Recomendamos" na que incluiremos todas as propostas de lecturas que nos fagades chegar.

Agardamos as vosas aportacións.

21.1.08

A sombra descalza

O libro gustome porque a nena, Elsa, pouco a pouco vai descubrindo os segredos da vida da súa familia, e dáse conta de moitas cousas. Tamén me gusta a semellanza que sempre fan entre Sagrario e Florinda, cando falan dos ollos, a pena das dúas polo seu amor imposible, e ó final cando Florinda semella a súa tía, unha sombra descalza.
É interesante porque demostra o odio de Xuliano pola guerra e os amores imposibles de Sagrario e Xuliano e de Florinda e Rafael.
(Sonia Vázquez, 3º A)

A novela gustoume moito. É moi intrigante, cada vez que saen máis segredos. Aínda que me gustou, o final non me conveceu, paréceme que está incompleto, non me pareceu boa forma de acabar esta novela.
O libro é bastante triste, pois morre Xuliao, descóbrese que Sagrario era inocente, morre o amor de Florinda...
(Ana Vaquero, 3º A)

Ó principio cando les o libro pensas que te vas encontrar cun gran segredo, pero logo cando o contan non che parece algo tan malo como para que Sagrario tivera que vivir unha vida tan miserábel. O que máis me impresionou foi que Sagrario e Xuliano estiveran namorados e menos pensar que a avoa podía ser tan rastreira e tan mala persoa.
O libro non me disgustou, pero tampouco me encatou xa que o gran segredo non era tan grande, senón que me parecía unha tontería.
(Sara Iglesias, 3º A)

Este libro non me gustou moito xa que comezas a lelo e parece que o autor pensa que nós, os lectores, coñecemos os personaxes de toda a vida, entón nas primeiras follas pérdeste porque non relacionas a uns cos outros, e como a historia segue aínda que non se entere do que está a ler, quita as ganas de seguir lendo. Pero unha vez relacionados os personaxes e posta toda a historia en orde, está ben. Eu o consello que dou é que a xente non pare de lelo, xa que ó comezo non, pero logo entéraste do tema.
(Santiago Rodríguez, 3º A)


O libro non me gustou porque enrollábase moito en cousas pouco importantes, e unha nena ten dereito a saber a verdade sobre a súa familia, non a avergonzarse dela.
(Rodrigo Rodríguez, 3º A)


A verdade é que non me enganchou moito a súa trama, pois a maioría dos acontecementos podíalos adiviñar ti de antemán. Sen embargo gustoume que, en parte, trata o tema de que a xente xulga as persoas, neste caso Sagrario, por algo que nin sequera fixera. De todas maneiras, non me gustou moito o argumento.
(Antía Rodríguez, 3º A)

É un libro bastante entretido, pois engancha ata que Elsa consegue descubrir e atopar os segredos da familia, sobre todo os de Sagrario e Florinda. Despois diso, o libro empezoume a aburrir un pouco, e o final pareceume "alargado"
(Alejandro Rodríguez, 3º A)

Gustoume moito o libro xa que ao principio parecía unha cousa, pero resulta que era outra.
(Alba Ponte, 3ª A)

O libro gustoume moito porque trata dun tema moi bonito como é o amor imposible entre Florinda e Rafael Xunqueira. A súa forma de expresión facilita a súa comprensión. [...] Tamén me gustou a forma en que Elsa mantén a curiosidade, co cal axuda a Florinda a atopar as cartas que escondía Sagrario.
(Christian Presas, 3º B)

O libro pareceume un pouco aburrido debido a que as cousas que pasan non son nada inesperadas. Por outra parte, tampouco me gustou moito porque os acontecementos que vai descubrindo Elsa ó longo da historia non son moi estraños, pois pode suceder en calquera familia. E o final tampouco me gustou porqeu remata coa morte de Xuliano e de Rafael.
(Pablo García, 3º B)

Foi un libro que me gustou, aínda que as primeiras follas parecéronme moi aburridas, e considero que o castigo de Xuliano sobre Sagrario foi excesivo. O que si que me gustou foi que Florinda conseguise gardar o segredo gracias ó carterio e a Sagrario.
(Jorge Madriñán, 3º B)

Gustoume o contido do libro, como se expón a sublevación da muller cara ó home, o sufrimento da muller e, como non, os resquicios da Guerra Civil.
(Cintia Meijide, 3º B)

A pesar de que os libros escritos en lingua galega sempre me pareceron un pouco aburridos, este foi un dos meus preferidos. Como a historia é vivida por unha rapaza nova, fíxome espertar o meu interese. É interesante, fácil de comprender e pareceume un bo libro para rapaces do meu curso, e incluso inferiores.
(Laura Álvarez, 3º B)

A min paréceme un libro complicado de ler e paréceme estraño que puidera gañar un premio. Iso de cando empezan a desvelarse as cartas secretas que proviñan de Arxentina resolve moito a historia, tanto que chega a non entenderse.
(Manuel Álvarez, 3º B)

As confesións de Carlota Doyle




É un dos libros máis bonitos que vin. Ó primeiro pensaba que ía ser aburrido,pero polo medio da primeira parte comezaron a salpicarme as sorpresas. Teño que confesar que cando Zacarías “morreu” (en realidade non morrer) escapóuseme algunha bágoa.
O que máis me gustou é, dalgún xeito, que ten dous finais. Xa pensaba que non se ía acordar máis de Zacarías. Eu, se tivese un pai tan estirado, faría o mesmo ca Carlota.
A verdade é que non lle fixen moito caso á advertencia do principio, pero despois emocioneime moito.
(Sabela Rodríguez, 1º D)


Gustoume moito. Ó principio era un pouco aburrido, pero despois van xurdindo aventuras na viaxe que fai Carlota desde Inglaterra ata América. É un relato mariñeiro que o conta esta rapaza de 13 anos. Carlota ten unha clase social alta e vese rodeada de mariñeiros aos que chega a apoiar e defender. Ó final sorprendeume que o pai reeducara nos seus principios sociais e que Carlota volvera a navegar no barco.
(Samuel Dapía, 1º D)

Esta novela é impresionante, é o mellor libro que teño lido. Aconsello esta novela a todo o mundo, parece que vives a historia no barco e que es un dos mariñeiros. Un personaxe impresionante é Zacarías que engaña o capitán se non fora porque Keetch acusouse.
(Miguel Madriñán, 1º D)

A min gustoume; entretido e tal, pero hai unhas cousas... Non me gusta cando ó principio estaba triste e choraba e se tiraba na cama a durmir, e espertaba, e durmía. Fíxenme lío. Despois é un pouco confuso o dos días e os cambios de garda. Eu pensei (nun momento) que pasaran dez días e pasara un mes e medio. Ó final explícache o das gardas pero.. é confuso... son moitas gardas e é lioso. Polo demais, tiña unha boa trama e enganchoume. A min gustoume.
(Marcelo Parada, 1º D)

A min pareceume unha historia moi divertida e apasionante, tamén me pareceu unha maneira moi orixinal de acabar a historia porque non pasou o que pensaba.
(Javier Francisco, 1º D)

Ó principio estaba intrigado porque todo o mundo asustábase do barco. Gustoume moito cando Carlota viu a marioneta e asustouse (na bodega). Pero cando mataron o primeiro oficial xa sabía que foi o capitán. [...] Ó final rinme ao ver que marchou no barco.
(Carlos Gargallo)

16.1.08

Irmán do vento

Os alumnos de 3º expóñennos as súas opinións acerca da novela Irmán do vento.

"Gustoume moito o libro. A intriga de saber o que ocorreu ó seu pai mantente atento a lelo. Todos os obstáculos que tivo que pasar só por ver ó seu pai, demóstrannos o amor entre pai e fillos. Pasan cousas que normalmente non te esperas. A marcha de Amrah do pobo deixa a un un pouco desconcertado
É un libro fácil de ler e entretido. "
(Sara Iglesias, 3º A)

"O libro é moi bo para xente coma nós, xa que das guerras tan só sabemos o que se conta na televisión e este libro cóntanos a realidade das guerras desde dentro, de forma que parece que somos o rapaz e imos buscar ó pai. Tamén fai unha burla ós americanos xa que van de vencedores por todo o mundo e logo un pobre neno de aldea consegue o que conseguiu Khaled.
En definitiva, o libro está ben e recoméndollo a todo aquel que teña ganas de ler."
(Santiago Rodríguez, 3º A)

"É un libro que a min gustoume moito, pois reflexa moi ben os desperfectos e destrozos que causa a guerra, á parte das vidas de moitas persoas. É un libro fácil de ler e gustoume a maneira de representar os capítulos en forma de carta ao seu compañeiro”imaxinario”.
(Alejandro Rodríguez, 3º A)

"O libro está ben porque trata do amor dun fillo polo seu pai, que pasa moitas probas, para despois descubrilo morto, e aínda así con el morto segue loitando porque estea no seu pobo coa súa familia. O amor de Sayiam, o pai, ao fillo Khaled, e á súa familia, ao ofrecerse voluntario para combater na guerra, polo ben de todos. Tamén é bonito que aínda que o pai desaparece deixa encargado o maior dos seus soños do seu fillo para o seu cumpreanos: ese cabalo chamado “Irmán do vento”.
Está ben cando Khaled está namorado dunha rapaza chamada Amrah, e ainda que ela se vai, dille nunha carta que ela tamén está namorada del.
En si o libro é moi bonito. Gústame que estea redactado en forma de diario para un amigo."
(Sonia Vázquez, 3º A)

"O libro é moi interesante, pois cóntanos unha historia que seguramente viva mais de un neno en Irak. Cóntanos a forma na que vive unha tribo iraquí, que o fan de maneira moi distinta á nosa. Achéganos o sufrimento dos nenos e familias que viven e Irak, e todo por culpa dunha guerra.
Recoméndoo, aínda que quizais hai detalles que na historia non interesan moito."
(Antía Rodríguez, 3º A)

"Pareceume que é unha historia que intenta dar un punto de vista por un bando da guerra. É un libro moi logrado e contén unha bonita historia, aínda que é moi tráxico pola morte do pai de Khaled. Khaled vai contando unha historia por cachos, que ten final feliz, e contrasta coa realidade para suavizar a historia real."
(Manuel Álvarez, 3º B)

"O libro gustoume, aínda que os teño lido mellores. Gustoume moito a maneira na que relaciona a fantasía coa realidade a través do conto que lle escribe ó “fillo” de Al-Galego, aínda que no conto gañan os bos e na realidade non."
(Anxo Rodríguez, 3º B)

"O libro non me gustou porque é moi aburrido, co tema de enviar cartas. Eu penso que a súa forma de redactar a historia é moi irreal porque un neno como Khaled non creo que fose capaz de obrigar a un soldado a devolverlle a casa sen consecuencias."
(Christian Presas, 3º B)

"O libro gustoume moito xa que trata en profundidade temas como a guerra ou o primeiro amor, que é o que sente Khaled por Amrah. O único que non me gustou foi o de que Khaled perdera á súa nai pola primeira guerra, ademais de que parece inxusto que despois de realizar unha viaxe tan longa encontrase a seu pai morto."
(Jorge Madriñán, 3º B)

"Nun principio, o libro parecía interesante, pero no transcurso da lectura as palabras noutro idioma fixéronme perder o interese que tiña no relato. Os capítulos tan longos tamén influíron no meu desgusto polo libro. Penso que, aínda que a min non me gustara moito, é unha historia que podería pasar na realidade e podería ser un exemplo de lectura diferente para rapaces da miña idade."
(Laura Álvarez, 3º B)

"Creo que é un libro que reflexa toda unha realidade que os demais non chegamos a imaxinar o tipo de vida que poden ter estas persoas, e axúdanos a achegarnos ás diferenzas internacionais que pode haber. A forma na que se nos transmite, que se nos fai chegar en forma de carta, paréceme moi interesante. O que menos me gustou foi a historia que Khaled ía contando paralelamente porque creo que fai o libro demasiado denso. Pero como idea final creo que é un libro moi entretido, interesante e realista e que nos axuda a comprender a realidade de lugares máis alá da nosa fronteira."
(Cintia Meijide, 3º B)

15.1.08

Compartindo lecturas

Esta mañá reunímonos na biblioteca un grupo de alumnos (desde 1º de ESO a 1ª de Bacharelato) e profesores co ánimo de compartir as nosas experiencias de lectura de O neno do pixama de raias.

Falamos do desenlace, se era previsible ou non, e preguntámonos se sería posible outro remate...

Comentamos acerca da inocencia, tal vez máis aparente que real, de Bruno...

Fixámonos na circunstancia de que os pais vencellados ao mundo da cultura (escritores, actrices), mantiñan un posicionamento crítico ante o nazismo, pero non souberon, sen embargo, transmitir estas ideas aos seus fillos...

Analizamos a situación familiar de Bruno e a complexa relación dos pais...

Preguntámonos se no desenlace sentiamos máis mágoa por Bruno ca por Shmuel, ou se ambas situacións dramáticas nos afectaban por igual...

En definitiva, foi unha conversa interesante, só interrumpida polo timbre que nos deixou con ganas de seguir opinando, discrepando, coincidindo, comentando...

Grazas e parabéns a todos e... SEGUIREMOS LENDO XUNTOS!

Ángel González, in memoriam

A poesía española perdeu esta fin de semana a uns dos seus grandes mestres: Ángel González, , poucas horas despois do falecemento de Pepín Bello, último superviviente da xeración do 27.

Ángel González (Oviedo, 1925), un dos mellores poetas dos poesía dos últimos 50 anos, foi galardonado co Premio Principe de Asturias das Letras e co Reina Sofía de Poesía Iberoamericana en 1996. Ademais era membro da Real Academia Española.

Podedes ler unha detallada información biobibliográfica e, sobre todo, ler algúns dos seus textos na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

11.1.08

A banda sen futuro

Logo da paréntese das vacacións, retomamos o noso blog con estes comentarios de A banda sen futuro que acaban de ler os alumnos de primeiro de ESO.

O libro a min encantoume. Foi un dos mellares que teño lido. Creo que o lin en dúas noites, porque non podía aguantar coa intriga: se ía facer amigas, se na consulta lle ían dicir que xa podía deixar medrar o pelo… Pero nalgunhas partes deume a impresión de que o libro estaba escrito hai xa algúns anos. Ademais, non me esperaba que ao final se namorara de Moncho.
(Ada Iglesias Carballo, 1º C)


A min o libro gustoume moito porque dalgunha forma calquera estudante que sexa un pouco diferente á xente podería verse relacionado con ela. Gústame moito como son as relacións entre Carlota e os seus pais porque normalmente cando un ten esa idade é moi pouca a relación cos pais.
O único que non me gustou foi a reacción dos compañeiros cando ven a Carlota porque paréceme moi esaxerado, no sentido de que poucos nenos se comportan dese modo cando só a coñecen de dous días.
(Sabela García Benito, 1º C)

Este libro gustoume moito, aínda que me dá algo de pena cando Carlota descobre a enfermidade da súa avoa, xa que polo que comentaba sobre ela no libro, queríaa moito.
Este libro engancha xa que se les o primeiro capítulo non podes parar de ler. Eu recomendaríao para ler a todo tipo de persoas.
(Marta Mejía Orbán, 1º C)

A escritora conta moi ben os sentimentos de Carlota. Explica como unha rapaza de dezaseis anos pode darse conta de que a súa enfermidade non é importante como a da avoa. Pode darse conta do egoísta que foi e rectificar o seu erro.
Conta como ve que aínda que Miguel estea con Paulina, ela pode ter a outro rapaz e ser feliz.
A min gustoume porque o autor foi capaz de transmitir moitas sensacións.
(Noa López Blanco, 1º C)

A historia está bastante ben, dado que é unha rapaza que ten que estar un tempo calva, e a maneira na que se enlazan os feitos é magnífica. Aínda que, iso si, ao final do libro non aprende case nada do ocorrido.
Unha das cousas que non me gustou foi a prolongación dalgunha pequena trama ao longo de varios capítulos. A outra foi o pouco nerviosismo que pon o autor nos momentos máis importantes.
Houbo partes que pasabas un bo cacho pero que non te levaban máis que ao principio da trama, e que alongaban máis o libro. Outro fallo que ten é que acaba cunha trama e empeza outra de repente.
(Miguel López Gómez, 1º C)

O libro encantoume. Pero hai unhas partes nas que a autora do libro describe demasiado as emocións e os sentimentos da nena; e a primeira vez está ben, pero cando se volve a repetir a escena soa un pouco repetitivo.
Pero polo demais está moi ben. Aínda que a nena é un pouco “tiquismiquis” cando a xente fala do tema “do pelo” e ela ponse toda alporizada… Deberíao ter asumido.
Non lle vexo ningún sentidito ao título, aínda que algo claro que ten, pero se estivese na librería nin se me ocorrería compralo por ese título.
(Carmen Sotelo de la Vega, 1º D)

Gustoume moito. Comentei o libro con algúns compañeiros e estaban de acordo coa miña opinión.
Ao final aprendín que o que importa é a beleza interior.
As conversas que Carlota mantiña con Poch era algo estrañas. Ó final era como se Poch fose a súa conciencia. Gustoume moito iso que dixo Poch de que só intentando tocar o ceo cos pés o tocaría algún día coas man. E tamén o de que as persoas están vivas ata que todos as esquecen.
O personaxe que máis me gustou foi a avoa, porque comprendía moi ben a Carlota. Foi unha mágoa que rematase tendo cancro.
Eu tamén penso coma Carlota, aquí nas cidades todo parece gris, demasiado monótono, o tempo segue transcorrendo e non para pase o que pase.
(Sabela Rodríguez, 1º D)

Pareceume unha novela entretida, fácil de ler, anque eu non estou afeito a ler en galego e moitas veces teño que botar man do dicionario.
O autor conseguiu que ó ler esta novela conectes con ela, que te fagas amigo de Carlota e ti pódelo ver perfectamente na túa clase con algúns dos teus profesores e no momento da reunión dos profesores imaxínábaste unha habitación ás escuras, cunha soa luz no centro dunha mesa, coma se fose unha reunión clandestina na bodega dun barco. En resumo, paréceme moi bonito e que trae unha mensaxe oculta: que non podemos discriminar polo aspecto físico.
(Antonio Reverter Valeiras, 1º D)

Sen dúbida creo que este libro é moi adecuado para a nosa idade. Fíxome reflexionar sobre a vida e deime conta de que vemos os nosos problemas como os máis grandes, e que a maioría das veces non teñen tanta importancia coma a que lle demos.
Ten algunhas partes verdadeiramente tristes, porque ves o sufrimento dunha rapaza que intenta facer unha vida normal pese ao seu aspecto físico e moita xente infravalóraa por ser distinta; aínda que distinta non é, porque eu penso que non ter pelo non pode ser unha barreira para seguir adiante.
Tamén vin que os “problemas” que teñen as mozas por un rapaz, e non o pasei ben lendo a parte de que a única amiga de Carlota estea co mozo que lle gusta.
Fíxoseme ameno pola súa linguaxe coloquial. Creo que Poch e a súa avoa son os que comprenden a Carlota e os que, dicíndolle cousas boas ou malas, consiguen que saia adiante.
É un libro interesante, recomendo lelo para que os rapaces vexan que os problemas verdadeiros hai que afrontalos, senón todo sería un problema.
(Claudia Platero Pérez, 1º D)


Este libro é magnífico polo abanico de sentimentos que hai nel. Amor, desamor, dúbida, engano… Este libro reflicte tódolos problemas da adolescencia, aínda que neste caso con razón. Vese como unha nena de 16 anos afronta o difícil problema de non ter pelo. Aínda por riba ten que facer amigos novos.
É un libro moi completo, que trata diferentes temas. O que máis lle custou foi facer amigos, pero cando o consegue, todo vai sobre rodas. Ata consegue un noivo. Un dos problemas máis graves é a enfermidade da avoa, pois ten un cancro case incurable. A súa relación é inmellorable.
Este libro máis que nada fíxome reflexionar: tódolos nenos temos problemas, uns máis simples, outros máis difíciles. Ensinoume que hai que saír adiante, coa axuda da familia e os amigos, e nunca botarse atrás.
(Bruno Platero Pérez, 1º D)

Este libro gustoume moito por dúas cousas: 1º) Reflexa estados de ánimo que poden suceder na vida real. 2ª) É un conto cos protagonista co pelo rapado pola súa enfermidade, polo que paréceme ben, debido a que a maioría tratan sobre nenas belísimas, con cabelos longos e que reflexan os raios do sol.
Tamén me gustou porque nos últimos capítulos está moito máis tempo coa súa avoa, porque ten cancro, e a irmá enfadouse porque estaba máis tempo coa avoa que con ela. Carlota, ao comprender que a súa avoa estaba peor ca ela, deixa de pensar en que volva crecer o cabelo dunha vez por todas, porque quere pasar moito máis tempo coa súa avoa, e cando xa lle pode crecer o cabelo de novo, ponse moi contenta, ela e a súa avoa.
En xeral, todo o libro foi moi bonito e divertido.
(Paula Fernández Pérez, 1º D)

A min non me gustou moito porque é moi enrollado e pasmábame bastante cando lía… ás veces lía e tiña que volver a lelo. Custoume bastante acabalo e algunhas palabras tiña que buscalas no dicionario. Tampouco me gustou porque sempre, en case tódalas pelis e libros que lin e vin, sempre hai un grupiño de marxinados, neste caso polo aspecto da protagonista, e iso non me gusta nada.
(Esteban Fernández Méndez, 1º D)

Esta novela foi a que máis me gustou dos libros que lin. Ó principio non me estaba gustando moito, pero ó final encantoume. Non me costou lela e pareceume que tiña un vocabulario bastante sinxelo.
Tamén me gustou como se expresaba Carlota con Poch, e dicía que el e mais a avoa eran as únicas persoas que a entendían.
Eu creo que este libro debía ter unha segunda parte, porque eu o que esperaba ó final da novela era a Carlota co pelo longo. Quería saber como sería a impresión dos seus compañeiros. Eu quedeime coas ganas diso, de ver como quedaría a obra, e de ver como reaccionaría o público ó vela se o gorro.
(Ángela Fernández Cofán, 1º D)

É un libro moi entretido e gustoume. A súa protagonista, Carlota, que te 16 anos, ten algúns problemas no seu instituto: inseguridade, medo á vida e presentia un futuro moi negro. Pero ó final vólvese máis sociable e ata coñece un rapaz do que se namorou.
Eu penso que isto lle podería suceder a calquera a esa idade.
(Samuel Dapía González, 1º D)