29.2.12

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore

Elisa pásanos o enlace desta fantástica curtametraxe de animación. Disfrutádea!

24.2.12

DÍA DE ROSALÍA

Neste  DÍA DE ROSALÍA no que comemoramos o 175 aniversario do nacemento da nosa escritora máis universal, a biblioteca participa desta homenaxe colectiva coa realización de varias actividades:
-Presentación "Rosalía de Castro. Unha fotobiografía"
-Presentación plástico-musical dalgúns poemas ilustrados por alumnos do centro.
-Visionado de varias versións musicais dos seus poemas que a seguir incorporamos:


Para empezar,a xa clásica interpretación da "Negra sombra" na voz de Luz C asal.




O poema "Maio Longo", interpretado por Carlos Núñez e voz de Anabela.


"Airiños, airiños, aires" cantado por Amancio Prada e Pandereiteiras de Baio. Joan Baez interpreta a versión de Amancio Prada de "Adiós ríos, adiós fontes"
E, por último, unha versión en clave de jazz, do poema "Alborada", na que participan Anxo Angueira, o pianista Abe Rábade, Guadi Galego como cantante, Jesús Santandreu no saxo tenor, Nelson Cascaisao ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.






15.2.12

ENTREGA DOS PREMIOS DE MARCAPÁXINAS

Hoxe entregamos os premios do concurso de marcapáxinas.
A gañadora foi ANDREA CONDE LAMA, de 4º A, que recibiu un premio en metálico e varios exemplares da súa obra, que se converte no marcapáxinas oficial deste curso.






E tamén os accésits a


TERESA ESTÉVEZ ÁLVAREZ, de 1º ESO A

NICOLÁS FERNÁNDEZ BLANCO, 1º ESO C

DIEGO MATÉ MARTÍN, de 1 BACH A

ALBA MARTÍN JIMÉNEZ, de 2º BACH C








Reiteramos a nosa noraboa para todos eles.
As súas obras, xa publicadas no blog, forman parte do noso arquivo e permanecerán como testemuña e estímulo para anos vindeiros.

O MES DO CÓMIC

Nos últimos anos o cómic ou banda deseñada experimentou en Galicia un notable desenvolvemento e vivimos unha especie de boom do que participan numerosos debuxantes cuxa obra está sendo recoñecida a nivel internacional cos máis relevantes galardóns.
A biblioteca convídavos a que visitedes a nosa exposición e coñezades as obras que forman do noso fondo que, ano a ano, se vai enriquecendo con novas aportacións.
Ao mesmo tempo, a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística convoca o I Concurso de Cómic, cuxas bases podedes consultar máis abaixo, e anímavos a que participedes coas vosas creacións. Preparamos para todos vós estas dúas presentacións: un breve percorrido pola historia do cómic e unha análise dos elementos do cómic.