28.4.15

O CORAZÓN DE XÚPITER

Unha vez que os alumnos de 3º xa lestes O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, podedes deixar os vosos comentarios sobre este libro, sobre todo despois de escoitar da propia autora as ideas principais que quixo contar nesta historia.
As vosas opinións seguro que resultan interesantes para futuros lectores. 




ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

Hoxe recibimos a Ledicia Costas para un encontro co alumnado de 3º ESO acerca da súa obra O corazón de Xúpiter.
Falounos das motivacións para escribir esta historia de crítica social e concienciación acerca dos perigos das redes sociais. Respondeu as moitas preguntas dos rapaces sobre esta obra que moito lles gustou e non os deixou indiferentes, cumprindo deste modo o obxectivo que ela se propuxo ao escribila.
Desde hoxe contamos tamén na biblioteca con exemplares dedicados de O corazón de Xúpiter e de Escarlatina, a cociñeira defunta!! 
Grazas a Leticia por dedicarnos o seu tempo e compartir as súas experiencias cos lectores.
E ata a próxima!!








23.4.15

DÍA DO LIBRO 2015

O Departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza diversas actividades para conmemorar o Día do Libro.
Entre elas, unha exposición cos traballos dos alumnos en torno ao tema do libro e da poesía.
Velaquí unha mostra: