23.3.17

HORA DE LER - FORMULARIOS

Xa están habilitados os formularios para recoller as lecturas realizadas durante as sesións da "HORA DE LER".

Á esquerda desta entrada hai unha imaxe. Premede nela e a continuación no enlace do voso curso. Cubride os datos solicitados: nome, grupo, título do libro, autor, editorial e valoración de 1 a 5.
FELICES LECTURAS!!

21.3.17

DÍA DA POESÍA

Hoxe na biblioteca sumámonos á conmemoración do DIA DA POESÍA.
Preparamos unha selección de obras poéticas de distintos autores, épocas e linguas.
No hall instalamos uns paneis con poemas de diversos autores e tamén de creación propia. Como banda sonora, tres audiopoemas de Celia Parra moi acaídos á xornada: "Invítame un poema" e "Máquinas expendedoras de versos" e "Liña poética", os tres pertencentes ao disco REC(C)verso
 O alumnado visitou a exposición e puido ler o poema da súa elección.




 


O alumnado de 1º, coa súa profesora Miriam González, deu lectura a varios textos.













 O alumnado de alemán de 2º D -baixo a iniciativa da profesora Elisa Álvarez- atreveuse a crear os seus poemas poemas na lingua de Goethe e despois léronnos.

14.3.17

CLUB DE LECTURA: LOS DIEZ MAGNÍFICOS

Esta mañá, durante o recreo, tivo lugar unha reunión do Club de Lectura, para comezar a ler a próxima novela. 
Nesta ocasión, trátase de LOS DIEZ MAGNÍFICOS, de Anna Cerasoli (Edicións Maeva, 2004), baixo a dirección da profesora de matemáticas EMILIA GONZÁLEZ
Sinopse: Cuando filo vuelve a casa del cole, se dedica a una actividad rara vez apreciada por los niños de su edad: ¡las matemáticas! Pero Filo tiene un profesor muy particular, su abuelo, un entrañable maestro retirado, decidido a presentar el arte de las cifras como un juego apasionante. Nieto y abuelo pasan así largas tardes hablando de la importancia del sistema binario y de los números inconmensurables o, viajando en el tiempo, recordando a destacadas figuras de la historia de las matemáticas. Pero un día, los primos de Filo reclaman la presencia de su abuelo y el joven matemático se queda sin profesor y sin amigo. Filo decide entonces mandar una carta a sus primos... (Presentación editorial)






Seguro que a lectura resulta interesante e, á par, moi  instrutiva xa que permite un achegamento lúdico ás matemáticas. FELIZ LECTURA

2.3.17

DÍA DE ROSALÍA 2017

O alumnado de 1º de ESO conmemorou o Día de Rosalía recitando o poema "Adiós ríos, adiós fontes" En grupo, individualmente, en parellas...
Nos seguintes vídeos, o alumnado de 1º A, por orde de intervención: PABLO RODRÍGUEZ, IAGO DIÉGUEZ, MARTA EUGENIA DAVID, PABLO ARAÚJO, GABRIELA BLANCO, CARLOTA LIN, JAVIER GÓMEZ E CAROLINA CACHALDORA.








Remata coa intervención colectiva de todo o grupo.





Día de Rosalía - máis vídeos

O alumnado de 1º B recitou tamén o poema "Adiós ríos, adios fontes". Por orde de intervención: MARCOS REZA, FRANCISCO JAVIER MUÑOZ, NATALIA OITAVÉN, ESTEVEN OSPINA, JULIO IGLESIAS, ANTÍA ÁLVAREZ, ALEJANDRO GRANDE, IEDA MARQUES, RAFAEL DOMÍNGUEZ, ANTÍA MOLINA, WINYERLIN NAZARET ESPINOZA, Mª ISABEL DO OLMO, RODRIGO PATO, ANTÍA GIL e JAVIER GÓMEZ