27.11.15

A NEVE INTERMINABLE





Novela de misterio de Agustín Fernández Paz protagonizada por un equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- que reciben a encarga de escribir os guións dunha serie de televisión. Para concentrarse, acoden a un hostal solitario nas terras de Fonsagrada. É inverno e a neve axiña os deixa illados. No hostal comezarán a producirse estraños sucesos...


24.11.15

PREMIOS LITERARIOS 2015

ROTEIRO DA ESMORGA

Os alumnos de 4º participaron no roteiro d'A esmorga. O guía de Turismo, José Ramón Cachaldora, levounos polas rúas cidade, seguindo os pasos do Cibrán, O Bocas e O Milhomes.