19.5.10

PRIMEIRO CERTAME DE EXPRESIÓN ORAL

Co motivo de conmemorar o día das nosas letras, o martes día 18, ás 12,30 celebrouse no salón de actos do noso instituto o Primeiro Certame de Expresión Oral CANTOS CONTOS. Participaron numerosos grupos, sobre todo dos cursos de ESO. Que lles pasa aos de bacharelato????

O xurado felicitou aos participantes polo seu entusiasmo e pola súa competencia no uso oral do idioma así como pola súa expresividade e simpatía. Confesaron que o fallo non foi fácil xa que eran moitas as clases que se fixeron merecedoras do premio que ao final recaeu en 1º C. Deste grupo destacaron a súa boa dición e expresividade.

O público aplaudiu de forma entusiasta todas as intervencións pero de xeito especial o conto de Sechu Sende titulado “Eu fixen güija co espíritu de Castelao” que fixo rir ruidosamente, pola graza e bon facer dos intérpretes, a todos os asistentes.

 

1 2 6
3 7 8
4 9 19
13 14 22

9.5.10

UXÍO NOVONEYRA

Algúns poemas de Novoneyra na voz do propio poeta



5.5.10

BIBLIOBURRO CON ALFA E BETO

Elisa envíanos esta noticia que nos fala do traballo dun home de Colombia para levar os libros ata as zonas máis recónditas do país empregando burros de carga, Alfa e Beto. Os nenos destas remotas zonas, ás que non chegan as escolas, poden deste modo coñecer os libros e disfrutar da festa da lectura.
Unha fermosa iniciativa que nos axuda a decatarnos das moitas dificultades que teñen nalgúns lugares para acceder aos libros. E tamén para que recoñezamos as moitas facilidades que nós temos para acceder á cultura, algo ao que non sempre damos todo o aprecio e importancia que merece.

Podemos ver a noticia pinchando aquí