26.10.11

SINBAD NO CINE

 O próximo venres 28 de outubro terá lugar a estrea da película Sinbad, baseada na obra de Álvaro Cunqueiro Si o vello Sinbad volvese ás illas, coincidindo co centenario do escritor mindoniense.


A película, dirixida por Antón Dobao e protagonizada por Xosé Oliveria, "Pico", foi producida pola TVG e Ficción e no seu reparto figuran Sara Casasnovas, Mariña Sampedro, Luís Castro Zahera, Laura Ponte, Manolo Cortés, César Cambeiro, Antonio Durán "Morris", Mariña Carballal, Camila Bossa, Miquel Ínsua e Mela Casal.

Sinbad, o famoso mariñeiro d'As mil e unha noites, dialoga cos compañeiros de café e dominó na taberna de Mansur e recrea para eles as experiencias das súas viaxes pasadas, reais ou imaxinarias. Mantén unha especial relación con Sara, a filla de Mansur, que se converte na mellor receptora das historias narradas por Sinbad.

O actor principal, "Pico" encarna por segunda vez este personaxe posto que xa o representou en 1999 na adaptación teatral de Quico Cadaval para o Centro Dramático Galego.

A rodaxe tivo lugar nas praias de Corrubedo, así como en espazos de Santiago como o Seminari Menor, a residencia de ancións, O Milladoiro o Chaián.

 





6.10.11

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

E comezamos coa convocatoria do noso CONCURSO DE MARCAPÁXINAS de xa longa tradición e probada calidade.
Contamos coa vosa participación.


ESTAMOS DE VOLTA!

Logo da paréntese estival, a biblioteca reanuda a súa actividade  cun equipo cheo de entusiasmo que xa ten programadas unha morea de actividades diversas para desenvolver ao longo do ano. Agardamos contar coa vosa participación en todas elas e confiamos en que serán do voso interese.