29.3.12

FALLO PREMIO CONCURSO CÓMIC

O xurado do I Concurso de Cómic, acordou conceder os seguintes premios:

1º premio :Sarai Losada Santamaría. 1º ESO B


2º premio: Uxía Nóvoa Vázquez. 1º ESO D
3º premio: Lola Calvino Puertas. 1º ESO C



O Xurado felicita aos gañadores e comunica que a entrega de premios terá lugar en datas próximas. Tamén agradece a ampla participación rexistrada, especialmente polos alumnos de 1º e 2º de ESO, que elaboraron cómics de gran calidade.
Todos os cómics presentados están expostos na biblioteca e convidamos a todos a que visitedes a exposición.

13.3.12

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

 

A biblioteca conmemora, un ano máis o 8 de marzo, unha data para a reivindicación da situación da muller na nosa sociedade. A nosa contribución nesta xornada consiste nuns  carteis que penduramos no noso tendal e nos que recuperamos a varias figuras femininas cuxa simple existencia e importancia non é por todos coñecida ou suficientemente recoñecida.

-As mulleres relevantes da antigüidade, desde a matemática Hipatia e a poeta Safo ata a nosa Exeria, a monxa viaxeira.
-As mulleres nobel, que viron recoñecido con este premio a súa contribución aos diversos ámbitos da ciencia e da cultura.
-Pero tamén aqueloutras ás que non lle concederon o galardón porque, curiosamente, recaeu nun compañeiro masculino.
-As mulleres políticas, que defenderon as súas ideas e ergueron bandeiras reivindicativas: Clara Campoamor, Dolores Ibarruri "a Pasionaria", Victoria Kent  e Federica Montseny
-As mulleres que publicaron baixo un seudónimo masculino que escondía a súa feminidade:
-Aquelas silenciadas, cuxas obras e méritos foron atribuídos ós seus maridos:
-As mulleres galegas "10" que ocupan un lugar preeminente na nosa historia: María Pita -a heroína-,  Maruxa Mallo -a pintora excepcional-, Rosalía -a nosa escritora máis universal-, Concepción Arenal -a primeira defensora dos dereitos da muller- .

Mentres as mulleres sigan sufrindo algún tipo de discriminación, o 8 de marzo será o momento de erguer a voz para defender os dereitos e a dignidade da metade da humanidade.

 

2012-03-8-dia da muller 004 2012-03-8-dia da muller 007 2012-03-8-dia da muller 006
2012-03-8-dia da muller 010 2012-03-8-dia da muller 013 2012-03-8-dia da muller 016
2012-03-8-dia da muller 017 2012-03-8-dia da muller 011 2012-03-8-dia da muller 018
2012-03-8-dia da muller 015 2012-03-8-dia da muller 009 2012-03-8-dia da muller 012
2012-03-8-dia da muller 001 2012-03-8-dia da muller 019 2012-03-8-dia da muller 003