26.4.10

DÍA DO LIBRO CON CRISPIN D´OLOT

Este ano puidemos celebrar o Día do Libro ao grande. Tivemos a honra de escoitar e disfrutar do ben facer dun xograr do noso tempo, Crispín D'Olot, que fixo para nós un bo percorrido pola Literatura escrita en castelán. Ofreceunos dúas sesións para achegarse aos programas da materia (Literatura Castelá) dos cursos 3º ESO e 1º Bach. por unha banda e 4º e 2ºBach por outra.
Axudado coa música, xestos e voz regalounos unha boa mostra dos textos principais de todos os tempos, dando vida á Literatura, dun xeito divertido. Moitos personaxes literarios déronse cita no noso Salón de Actos para demostrar a quen aínda non o soubese que a Literatura non ten por que ser una materia aburrida, senón a vida mesma feita palabra.
Aquí vai o enlace á súa web





A continuación, entregáronse os premios do CONCURSO LITERARIO


E posteriormente tivo lugar unha lectura colectiva na Biblioteca na que os alumnos aproveitaron para deixarnos as súas recomendacíóns de lectura.



21.4.10

OS XOVES SI LEN

Nestes días nos que estamos preparando os actos de celebración do DÍA DO LIBRO, o diario El Mundo publica unha informacións segundo a cal "a estatística desmonta o mito de que os xoves non len".

O xornal recolle un estudo realizado polo Barómetro de hábitos de lectura y compra de libros de la Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) do que se extraen algúns datos ben interesantes:

-O índice de lectura nos xoves entre 14 e 24 anos sitúase no 70,5 %.
-E entre os 10 e 13 anos chega ao 91,2 %.
-O nivel de estudos é determinante para o hábito de lectura, xa que a maior nivel de estudos detéctase unha maior porcentaxe de lectores: 0 82 % dos que teñen estudos universitarios, o 60 % entre dos que teñen estudos secundarios e cae ao 31,1 % nos que só teñen estudos primarios.

En palabras de Elsa Aguiar, do Grupo SM, "moi probablemente, estes lectores non van deixar de selo a medida que crezan, así que podemos supor que nos próximos anos haberá un paulatino crecemento da taxa de lectura en España, como vén sucedendo nos últimos anos".
Unha información esperanzadora que nós compartimos e que nos anima a continuar desenvolvendo estratexias de animación á lectura entre os nosos estudantes.

AGASALLO DA BIBLIOTECA DE FRIOL


Hoxe recibimos de parte da Biblioteca do CPI Dr. López Suárez. de FRIOL un agasallo moi especial: o selo "Vale a pena picar de olho nese blog!" que agradecemos moitísimo.

A aceptación deste agasallo supón a aceptación destas condicións:
• Incrustar a imaxe do selo cunha ligazón ao blogue que nos outorgou o premio.
• Enlazar outros 10 blogs que, na nosa opinións, tamén merece a pena visitar. E, aínda que é moi difícil a escolla entre tantos marabillosos como existen, decidimos seleccionar os seguintes:

O recanto de Mik

Ars legendi

Parabéns para todos.