19.11.13

A vida nos ríos galegos

Presentamos hoxe unha páxina web de gran interese tanto para os amantes da natureza como para todos aqueles que desexen ampliar os seus coñecementos ou buscar información acerca de calquera tema relativo aos nosos ríos:  fauna, flora, imaxes, vídeos, poesías, contos, música, reflexións, dicionario… e un longo etcétera. Conta cunha extensa colección de fichas, moi ben catalogadas, cunha detallada explicación, acompañada de fotografías do propio autor.

O seu autor é Secundino Lorenzo, profesor de matemáticas no noso instituto ata a súa xubilación. 

Pescador, micólogo, fotógrafo e, sobre todo, gran amante da natureza. Creou esta páxina no ano 2000 e desde entón dedica todo o seu esforzo e ilusión por actualizar e incorporar novas fichas a este inmenso traballo.

Moitas grazas, Chicho, por compartir con todos as túas descobertas!
chicho2 chicho1

15.11.13

Magosto 2013


Hoxe celebramos o día de san Martiño cos tradicionais xogos e actividades deportivas. Compartimos a festa ourensá máis tradicional cos compañeiros de Loches (Francia), Bremen (Alemaña) e Francavilla Fontana (Italia)
Disfrutamos do magosto que nos prepararon Xusto e Xabier.

Etiquetas de Technorati:
image image image
image

image
image image  imageimage
 image  image image
image image image
image  image image
image  image image

Concurso sobremesas con castañas 2013


A biblioteca acolleu o Concurso de sobremesas de castañas, convocado con motivo do san Martiño. Os participantes sorprendéronnos con tortas e pasteis riquísimos e cunha bonita presentación. O público agardaba impaciente a que o xurado acabase de probar todas as preparacións, temeroso de que non quedase nada para eles. O xurado “púxose as botas” e quedou satisfeito do seu doce traballo. E non quedaron nin as faragullas!

As gañadoras foron:

1º DEINA PEIRANES (4º D)
2º MARÍA LOBELLE (3º C)

3º SOFÍA MARTÍN (1º D)

image image image
image image image
image image image
image image image
image image  image

12.11.13

CLUBS DE LECTURA 2013

Comezamos este curso as reunións dos Club de Lectura. Animámosvos a compartir as vosas impresións e comentarios. Agardamos por vós na biblioteca!!

8.11.13

SAN MARTIÑO 2013

Hoxe celebramos o día de san Martiño co tradicional magosto acompañado de xogos tradicionais, competicións deportivas. Tamén resolveremos o concurso de sobremesas de Nadal.
Bo magosto!

5.11.13

TASTARABÁS

TÍTULO: Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdica da natureza.

AUTOR: Antón Cortizas

ILUSTRADOR: David Sierra Martínez

DITORIAL: Edicións Xerais

tastarabas

Tastarabás é principalmente un catálogo de xogos tradicionais no que, ao longo de máis de mil páxinas, se recolle unha ampla mostra de brinquedos e enredos que formaron parte da nosa e que poden seguir sendo atractivos e divertidos para os rapaces de hoxe.

Conta cunha detallada información de cada un, a súa elaboración, o uso... e tamén anécdotas, textos literarios complementados con magníficas ilustracións e fotografías. Os brinquedos aparecen clasificados en mundo animal, vexetal e inanimado, brinquedos de enxeño e habilidade, bonecas, brinquedos de desprazamento e transporte, brinquedos sonoros, etc. 

É unha interesante fonte de ideas e recursos para realizar actividades no ámbito familiar, escolar ou extraescolar.

A obra supón unha nova achega de Antón Cortizas, despois da súa anterior obra Chirlomirlo, que tamén está presente na nosa biblioteca.

chirlomirlos

4.11.13

COMENIUS 2013

Hoxe chegan ao noso instituto os profesores e alumnos de Loches, Bremen e Francavilla-Fontana, integrantes co noso centro do proxecto Comenius 2013: Technology and Culture in Europe: a Common market of Ideas: past, present and future. Desexámoslle unha intensa e feliz estadía entre nós.