Hoxe celebramos o Día de Rosalía co alumnado de 1º C e fíxémolo da mellor maneira posible: achegándonos á súa obra literaria e recitando unha selección de poemas de Cantares Gallegos e de Follas Novas.
24.2.16
17.2.16
CONCURSO ILUSTRACIÓN
Por segundo ano, a Biblioteca convoca o Concurso de Ilustración.
Agardamos a vosa participación!
Agardamos a vosa participación!
16.2.16
ÁMOTE LEO A.
O alumnado de 3º de ESO le nesta avaliación esta novela de Rosa Aneiros. Premio Irmandade do Libro ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014.
Deixade os vosos comentarios e impresións de lectura.
11.2.16
CHAMÁDEME SIMBAD
O alumnado de primeiro de ESO leu nesta avaliación a novela de Francisco Castro Chamádeme Simbad, obra que foi recoñecida na Lista de Honra do IBBY 2012 na modalidade de escritores, Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de 1º e 2º da ESO, Premio ao "mellor libro infantil de 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.
Trátase dunha historia tenra e emotiva que contrasta, a través do humor, o mundo dos nenos co dos adultos e achéganos a problemática dunha enfermidade silenciosa que trastoca toda a vida familiar.
"O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro." (presentación editorial)
Que vos parece esta historia? Deixade as vosas reflexións e comentarios de lectura.

5.2.16
PREMIO MARCAPÁXINAS
Xa temos gañadoras do Concurso de Marcapáxinas convocado un ano máis pola biblioteca.
O marcapáxinas gañador foi realizado por CANDELA MAZAIRA LLORENTE (4º C).
O segundo premio recaeu en ELVIRA JING NEGREIRA GÁNDARA(1ª ESO A)
O marcapáxinas gañador foi realizado por CANDELA MAZAIRA LLORENTE (4º C).
O segundo premio recaeu en ELVIRA JING NEGREIRA GÁNDARA(1ª ESO A)
Noraboa as dúas gañadoras!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)