24.2.15

RECITAL POÉTICO DÍA DE ROSALÍA

DIA DE ROSALÍA 2015

Hoxe sumámonos á conmemoración do Día de Rosalía achegándonos á súa poesía coa celebración dun recital poético na biblioteca a cargo dun grupo de alumnos e alumnas de 3º A. Annia Fernández, Darío Cantón, Miguel Puga, Aldara Regal, Iago Gómez, Adolfo Requejo, Noa Montes, Ana Pérez, Eva Fernández e Candela Mazaira leron textos de Cantares gallegos e de Follas novas como presentación e aperitivo dun achegamento máis demorado nas próximas semanas.
 Sidi Mohamed-Salem encargouse de gravar os vídeos que se recollen na próxima entrada deste blog.



















4.2.15

EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS




Un ano máis, a biblioteca exhibe a colección de todos os marcapáxinas que participaron este ano no noso concurso.
Á vista está que todos os autores puxeron imaxinación e esforzo. O froito do seu traballo aquí está para o disfrute de todos.
Graciñas a todos os nosos artistas pola súa colaboración!!