17.1.16

OS ESCARAVELLOS VOAN Á TARDIÑA

Os clubs de lectura reanudaron  as súas actividades.

Os alumnos de 3º e 4º están lendo o libro da escritora sueca Maria Gripe, publicado en 1978: Os escaravellos voan á tardiña. Unha historia protagonizada por tres rapaces (David Stendfalt, Annika e JOnás) que acoden a coidar as plantas da Quinta Selanderschen durante o verán. Axiña van descubrir que alí sucede algo estraño. Atopan unha planta especial, a Selandria egytica, cuxas follas se dirixen cara ás escaleiras e non cara á luz. Así chegan ao cuarto de verán no que atopan as cartas escritas por Andreas Wiik a Emilie Selander, no século XVIII. Tamén entrarn en contacto con Julia Jason Andelius, dona da casa... Os enigmas sucédense e serán eles os únicos que poidan desentrañalos.





14.1.16

LERMOS.GAL

Facémonos eco do nacemento de Lermos.gal, o punto de encontro da literatura en galego.
Unha revista en liña dedicada á literatura en lingua galega co obxectivo de informar das novidades e eventos literarios e divulgar todo o relativo ao mundo do libro e da lectura.
Parabéns para este proxecto web. Estaremos atento ao que nos ofreza.