14.10.16

CLUB DE LECTURA

Éxito rotundo na convocatoria do Club de lectura de primeiro de ESO, baixo a dirección da profeora Miriam González. Nesta ocasión compartiremos as nosas impresións do cómic A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado.






11.10.16

O MEU ALFABETO

O alumnado de 1º de ESO elaborou o seu alfabeto persoal, aquel que mellor o identifica posto que reúne as súas palabras preferidas ou especialmente significativas.
Cartolina, pinturas, rotuladores, cunchas, teas, goma eva, papeis, pasta, arroz, purpurina, lazos, botóns, tapóns... e outros materiais froito da súa imaxinación.
Os corredores locen fermosísimos coas súas coloridas creacións.
Aquí deixamos unha mostra.



Tamén neste ENLACE


 

5.10.16

FORMACIÓN DE USUARIOS

O alumnado de 1º de ESO acode estes días á biblioteca para recibir información acerca dos fondos bibliográficos existentes, catalogación, préstamo, clubs de lectura... e demais cuestións relativas ao seu funcionamento.

Agardamos que neste e nos anos vindeiros a biblioteca se converta nun dos espazos máis habitados e disfrutados do centro.

FELICES LECTURAS!!!

(Alumnado de 1º B)