28.5.16

SABELA LIBRO DIXITAL

Aquí está o libro en versión dixital, co texto de Castelao e as ilustracións das alumnas e alumnos gañadores do Certame.

PREMIOS CONCURSO DE ILUSTRACIÓN

O venres entregamos os premios de Ilustración do relato "Sabela" de Retrincos de Castelao.
Os gañadores foron:



1º PREMIO:

          Ruth Grela Gómez (1º C- ESO)

2º PREMIO:

          Aleika Rúa Armando (1º B –ESO)

3º PREMIO:

          Paula Mateo Rego (1º D – ESO)

          Noa da Silva (1º B – ESO)

ACCÉSITS:

          Noa da Silva (1º B – ESO)

          Roi González Sánchez (1º C- ESO)

          Carlos Suárez Varela (1º E – ESO)













26.5.16

O MEU MANUEL MARÍA

Alumnos e profesores colaboramos neste proxecto de Esferobite para celebrar o Día das Letras Galegas:  a creación dun videopoema colectivo a partir do poema "Galiza"

22.5.16

"DE OFICIO, POETA"

Fermoso videopoema homenaxe a Manuel María, producido por Esferobite.


10.5.16

MANUEL MARÍA - O CARRO

O alumnado de 4º C homenaxea hoxe a Manuel María interpretando o poema "O carro", segundo a versión de Fuxan os ventos que nos serviu de apoio e guía.
Tamén se incorporaron os alumnos e alumnas alemáns que están de intercambio no noso instituto. Talvez sexa esta a súa primeira aproximación á lingua e á literatura galega mais demostraron interese e ganas de compartir a experiencia.
Parabéns a todos!


2.5.16

DÍA DO LIBRO 2016

O Departamento de Lingua Castelá organizou unha ampla exposición de traballos sobre Cervantes e os escritores homenaxeados co Premio Cervantes.
Velaquí unha pequena selección: