22.12.11

UN LIBRO, UN BO AGASALLO TAMÉN EN NADAL

Durante o mes de decembro desde a biblioteca estivemos desenvolvendo a campaña "UN LIBRO, UN BO AGASALLO", especialmente para estas datas de Nadal.
O Equipo de Biblioteca desexavos unhas boas vacacións e un feliz aninovo no que sigamos disfrutando de lecturas compartidas.

13.12.11

ENCONTRO CON ANXO MOURE, O ATRAPADOR DOS CONTOS

Hoxe visitounos Anxo Moure, o atrapador de contos, chegado das veciñas terras de Chantada.

Na súa intervención combinou contos, poesía, música, implicando activamente aos alumnos e falounos da necesidade de defender a liberdade e a tolerancia, o respecto pola natureza. Sensibilizar os alumnos  de que é posible un mundo mellor.

Tamén nos falou do proxecto Contos Solidarios nacido no 2000 da man da ONG chantadina Bicis pola Paz que doa bicicletas a mestres, médicos… de países de América Latina, Asia e África co defomentar o eco-transporte nos proxectos de desenvolvemento desenvolvidos nestes lugares. ((http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm)

 

imageimageimage imageimageimage
     
     

Moitas grazas, Anxo!

12.12.11

DESDE SERBIA EN GALEGO

Neste vídeo vemos a unha rapaza serbia cantando en galego  "Lela" e "Negra Sombra"
Sobran as palabras!





9.12.11

ENCONTRO CON GISBERT

Recibimos un ano máis na biblioteca a visita do escritor Gisbert, quen nos falou da influencia que o mundo d'As mil e unha noites tivo na súa obra e, máis en concreto, na construción dos relatos que integran Historias secretas en la noche : El mensajero de los siete reinos” y “Semiris, princesa de Babilonia” .

GISBERT 1 GISBERT 2
GISBERT 1 GISBERT3


A presentación do escritor foi realizada polas alumnas Carmen Doval e Alba García.

30.11.11

EL TEMPLO DE LAS MIL PUERTAS

Hortensia dános a coñecer esta revista online de literatura xuvenil:
El templo de las mil puertas, na que poderemos atopar noticias de actualidade, reseñas, entrevistas, información sobre novidades... que nos manterán ben informados acerca do tema.







29.11.11

A LECTURA, UN REMEDIO EFICIENTE

Da Biblioteca do Colmeiro rescatamos este interesante e divertido vídeo sobre o FOMENTO DA LECTURA.

23.11.11

HISTORIAS SECRETAS EN LA NOCHE

Unha vez máis propoñemos  a lectura dunha obra de Joan Manuel Gisbert. Nesta caso trátase de Historias secretas en la noche, que comeza así:

"Konrad, el Ecuánime, titular del señorío de Warlavia, allá en la Europa lejana, decidió convocar hace muchísimo tiemkpo un singuular concurso de narradores
Durante años se había visto forzado, contra su voluntad, a participar con su pequeño ejército en interminables escaramuzas, combates y batallas"

Proximamente recibiremos a visita do propio autor que compartirá con todos nós o proceso de creación desta novela e responderá as preguntas que queiramos formularlle. Podedes ir anotando xa as vosas opinións e comentarios acerca desta obra.


CORDELUNA

Elia Barcelo presenta en Cordeluna unha historia de amor que quedou truncada pola desgraza e a maldición.
Unha novela que combina historia e fantasía, amor e maldade, bruxería e relixión e que foi recoñecida co Premio Edebé de Literatura Juvenil.

E ti, que opinas? Deixa aquí as túas impresións de lectura.

CARRAPUCHIÑA ECOLÓXICA

Seguindo coa Carrapuchiña, atopamos esta viñeta de contido ecolóxico na que o lobo e a nena reflexionan acerca da destrución dos nosos bosques por mor dos incendios.


O seu autor é Juan López e está incluída no libro Sorrisos e boa colleita. Unha homenaxe dos humorista gráficos galegos ao noso rural.

A PRAIA DOS AFOGADOS

Os alumnos de 2º de Bacharelato andan a ler A praia dos afogados, a segunda novela de Domingo Villar, que transcorre na cidade de Vigo e nos arredores.

Nesta ocasión o inspector Leo Caldas ten que investigar a morte dun mariñeiro que aparece coas mans atadas flotando entre os argazos.

Sabemos que están disfrutando coa súa lectura e esperamos que nos deixen aquí as súas impresións e opinións acerca desta novela.

21.11.11

CARRAPUCHIÑA TECNOLÓXICA

María Jesús Candau envíanos este enlace no que podemos ver unha nova versión do conto da Carrapuchiña, agora con todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías. Curioso e interesante!

Slagsmålsklubben - Sponsored by destiny from Tomas Nilsson on Vimeo.

16.11.11

CARRAPUCHIÑA MULTILINGÜE

Vídeo da actividade de lectura multilingüe do conto A Carrapuchiña Vermella.

13.11.11

A LINGUA SABE A PAN

Velaquí o vídeo do  CPI Virxe da Saleta de CEA. Lipdub feito sobre unha versión  do "Sweet Home Alabama", popularizada por Siniestro Total como "Miña Terra Galega". Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e os músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudos Muu! e Vigo.




  Tamén en versión karaoke:







9.11.11

Vídeo da representación da dramatización do conto "Rotkäppchen" -Carrapuchiña Vermella- en alemán, cos alumnos de 2º de ESO do IES As Lagoas, dirixidos por Carmen Correa, Aminata Dansokho e Elisa







Álvarez

3.11.11

CARRAPUCHIÑA VERMELLA MULTILINGÜE

Unha versión multilingüe da Carrapuchiña Vermella: en inglés, francés, alemán, portugués, catalán, galego, castelán e italiano. Ilustracións realizadas polos alumnos de 1º A, B e C de ESO.




CÓMIC-CONTO

Os alumnos de 1º D, baixo a dirección da profesora de lingua galega Mercedes Seixo, puxeron en imaxes o conto A árbore das tres laranxas. Distintas versións dunha mesma historia. En equipos foron deseñando as viñetas, debuxando os personaxes, escribindo o texto, pintando... ata compoñer dúas páxinas. Unha boa mostra da creatividade destes rapaces e rapazas.

biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 013 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 016
biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 014 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 017
biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 011 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 002

CARRAPUCHIÑA VERMELLA EN IMAXES

 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 004  biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 006
 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 008  biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 012
 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 015 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 010
Os alumnos de 1º de ESO elaboraron as imaxes do conto A Carrapuchiña Vermella coas que ilustramos o noso libro multilingüe. A beleza das ilustracións animounos a expoñelas tamén na biblioteca para que todos as poidan disfrutar. Vendo as imaxes podemos achegarnos a un conto clásico que formou parte da infancia de todos nós.
Unha fermosa actividade realizada na materia de plástica, baixo a dirección da profesora Juliana Ortega.

CONTOS POPULARES DE TRADICIÓN ORAL

 A exposición de contos populares está xa aberta. Contamos cunha selección de libros en galego, castelán e alemán que nos próximos días se irán incrementando con novos títulos e novas linguas.
Animámosvos a que traides os vosos contos para completar a colección e nolos deixedes en préstamo durante uns poucos días.
Os contos dos irmáns Grimm, de Andersen, de Perrault comparten protagonismo coa colección Cabalo Buligán de Edicións Xerais, xunto a outros contos que nos transportan as anos da infancia. 
Son os primeiros textos que nos achegaron á maxia da literatura, aqueles que nos converteron en oíntes atentos ou en lectores apaixonados. Os vellos contos contados aos que agora podemos acceder en libros, en DVDs, en audiolibros, en vídeos.... Non importa o formato, o importante é que sigan emocionando e divertindo ás novas xeracións.

biblioteca novembro 2011 semana tradicion oral 008 biblioteca novembro 2011 semana tradicion oral 006
biblioteca novembro 2011 semana tradicion oral 005 biblioteca novembro 2011 semana tradicion oral 004
biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 009 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 003

2.11.11

OS IRMÁNS GRIMM

Os alumnos de alemán 1º de Bacharelato, dirixidos pola profesora  Elisa Álvarez, elaboraron esta presentación acerca dos irmáns Grimm.
Die Bruder Grimm


E elaboraron uns carteis con información sobre os autores e unha antoloxía de contos.
biblioteca  semana tradicion oral ALEMAN 003 biblioteca  semana tradicion oral ALEMAN 005
biblioteca  semana tradicion oral ALEMAN 007 biblioteca  semana tradicion oral ALEMAN 001

CÓNTAME UN CONTO


A nosa biblioteca súmase á celebración da SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL e, nesta ocasión, ímonos centrar nos contos populares. Eses que nos anos da infancia nos contaban os avós e que nós transmitiremos igualmente aos nosos fillos e netos. Son as mesmas vellas historias de sempre, aquelas que desde tempos ancestrais contaban os homes para dar respostas ás grandes preguntas da humanidade  e defender valores e actitudes positivos. Historias exemplares protagonizadas por princesas fermosísimas, fadas encantadoras, cazadores bondadosos, bruxas malvadas, madrastras crueis… Relatos que, con lixeiras variantes, aparecen en linguas diferentes e en países afastados xeograficamente.

Os irmáns Grimm, Perrault ou Andersen, entre outros, contribuíron a espallar e fixar estes relatos orais  e achegáronnos personaxes como Polgariño, Cincenta, Brancaneves, Carrapuchiña Vermella ou  A bela durminte  que forman parte da nosa memoria colectiva e continúan transportando a nenos e xoves ao reino da maxia e a fantasía.  

Queremos compartir o amor por estas vellas historias e o pracer de escoitar un conto ben contado. Queremos volver sentir o arrepío ao imaxinar os aguzados dentes do lobo trabando na delicada pel da Carrapuchiña. Queremos notar como os cabelos se nos poñen de punta ante os terribles perigos que afrontan os nosos heroes. Queremos sufrir polas penalidades que padecen por causa malvadas bruxas. E queremos volver emocionarnos con só escoitar "Había unha vez..."

Para todos preparamos varias actividades:
  • Exposición de contos en distintas linguas.
  • Exposición de carteis sobre os irmáns Grimm, elaborados polos alumnos de alemán de 1º de Bacharelato, baixo a dirección de Elisa Álvarez
  • Exposición de cómics sobre contos populares galegos, elaborados polos alumnos de 1º ESO D, baixo a dirección de Mercedes Seixo.
  • Dramatización do conto "Rotkäppchen" -Carrapuchiña Vermella- en alemán, cos alumnos de 1º de ESO, dirixidos por Elisa Álvarez e Carmen Correa.
  • Edición multilingüe do conto A Carrapuchiña Vermella, na versión dos irmáns Grimm, con ilustración dos alumnos de 1º ESO A-B-C, dirixidos por Juliana Ortega.
 Para ir abrindo boca, aquí van algúns enlaces interesantes:

-Galicia encantada. Enciclopedia de Fantasía Popular de Galicia, onde podemos atopara unha selección de  contos de tradición oral.

-Tamén a páxina de César Salgado: http://www.cesarsalgado.net/contos/popular.htm

-El huevo de chocolate: Páxina de folclore infantil onde se recompilan trabalinguas, adiviñas, cantigas... e tamén unha ampla selección de contos populares.

-http://www.fundacionlengua.com/cuentos-populares/: Páxina con Contos populares castelás.

-Cuentos populares: http://www.cuentocuentos.net/cuentos/1/Gallego/
Un blog de Cuentos: http://mas-cuentos.blogspot.com/

A web CUENTOS ofrécenos contos en distintas linguas:
-contos populares franceses: http://www.cuentocuentos.net/cuentos/1/Frances/
-contos en inglés:  http://www.cuentocuentos.net/cuentos/1/Ingles

E tamén audiocontos:
http://www.cuentocuentos.net/audiocuentos/1/

E, por último, algúns vídeos do conto "A Carrapuchiña Vermella" en distintas linguas.
en inglés. LITTLE RED RIDING HOOD
en francés: LE PETIT CHAPERON ROUGE, ou con texto
en alemán: ROTKÄPPCHEN


Disfrutádeos!

26.10.11

SINBAD NO CINE

 O próximo venres 28 de outubro terá lugar a estrea da película Sinbad, baseada na obra de Álvaro Cunqueiro Si o vello Sinbad volvese ás illas, coincidindo co centenario do escritor mindoniense.


A película, dirixida por Antón Dobao e protagonizada por Xosé Oliveria, "Pico", foi producida pola TVG e Ficción e no seu reparto figuran Sara Casasnovas, Mariña Sampedro, Luís Castro Zahera, Laura Ponte, Manolo Cortés, César Cambeiro, Antonio Durán "Morris", Mariña Carballal, Camila Bossa, Miquel Ínsua e Mela Casal.

Sinbad, o famoso mariñeiro d'As mil e unha noites, dialoga cos compañeiros de café e dominó na taberna de Mansur e recrea para eles as experiencias das súas viaxes pasadas, reais ou imaxinarias. Mantén unha especial relación con Sara, a filla de Mansur, que se converte na mellor receptora das historias narradas por Sinbad.

O actor principal, "Pico" encarna por segunda vez este personaxe posto que xa o representou en 1999 na adaptación teatral de Quico Cadaval para o Centro Dramático Galego.

A rodaxe tivo lugar nas praias de Corrubedo, así como en espazos de Santiago como o Seminari Menor, a residencia de ancións, O Milladoiro o Chaián.

 





6.10.11

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

E comezamos coa convocatoria do noso CONCURSO DE MARCAPÁXINAS de xa longa tradición e probada calidade.
Contamos coa vosa participación.


ESTAMOS DE VOLTA!

Logo da paréntese estival, a biblioteca reanuda a súa actividade  cun equipo cheo de entusiasmo que xa ten programadas unha morea de actividades diversas para desenvolver ao longo do ano. Agardamos contar coa vosa participación en todas elas e confiamos en que serán do voso interese.

27.6.11

SUNSHINE AWARD


A Biblioteca do Colmeiro (IES Pintor Colmeiro de Silleda) agasállanos co SUNSHINE AWARD e queremos expresarlles o noso agradecemento por esta distinción que, por suposto, colocamos nun lugar de honra no noso blog.
Cumprimos gustosos os requisitos para recibir este premio: escribir un post con premio recibido, agradecer ao blog que nolo concedeu, compartir o premio con outros 12 blogs, avisalos e publicar a dirección do seu blog.

A nosa elección -entre os moitos blogs aos que nos gustaría agasallar- é a seguinte:
Feliz verán e continuaremos o próximo ano compartindo lecturas!

23.6.11

REPRESENTACIÓN TEATRAL DE ANXOS E DEMOS

Un ano máis, o grupo de teatro Leria puxo fin ás actividades desenvolvidas durante o curso coa representación dunha obra teatral. Neste caso a peza elixida foi De anxos e demos.

Baixo a dirección de Ledicia Álvarez (Lele)  e co seguinte reparto:
Martín González: Demo Sr.
Marta Fernández: Demo 2º
Carmen Doval: Demo Dama
Marcos Fernández: Demo 3
Uxía Firvida: Demo 4
Aldara Rodríguez: Anxo Sr.
Ana Eneriz: Anxo 2º
Paula Rodríguez: Anxo Sra.
Clara García: Anxo 3

Realizaron unha magnífica representación da que podemos observar algunhas imaxes.



Agardamos que o próximo curso continúen desenvolvendo esta actividade, tan interesante para todos eles e tan grata para os que disfrutamos do seu traballo.

18.6.11

OBRADOIRO DE MONICREQUES - I

Insertamos o primeiro vídeo do OBRADOIRO DE MONICREQUES realizado o pasado 24 de maio por Thelma Joy Putman.
Nel recóllense os preparativos e ensaios previos á representación levada a cabo.

4.6.11

PERFORMANCE SOBRE LOIS PEREIRO

"Corporal (je t'aime)". Performance sobre poemas de Lois Pereiro, representada no teatro do centro Ágora o 17de maio, a partir dunha idea de Antía Otero e Carlos Neira.
Sobre o escenario: Estevo González, Antía Otero, Olaia Tesouro e Laura Fandiño.


27.5.11

CELANOVA

Un ano máis os departamentos de Música e Lingua Galega desprazáronse ata Celanova para levar a cabo un completo e interesante programa de actividades:

Visita á Casa Museo de Curros Enríquez, percorrido polo Mosteiro de San Rosendo e asistencia ao concerto de órgano interpretado pola profesora Marisol Mendive do Conservatorio de Ourense acompañamento dos alumnos á flauta, visita ao Auditorio Municipal e biblioteca do instituto.

Pola tarde, trala lectura de poemas en distintas prazas e rúas relacionadas con Curros e Celso Emilio, viron a Virxe do Cristal, visitaron a Torre de Vilanova e achegáronse ata o Castro de Castromao.

Imagen0117 Imagen0119 Imagen0130

LETRAS GALEGAS 2011

O último xoves de maio celebrouse no salón de actos unha actividade de recitado de haikus, creados polos alumnos, e visualización de fotos que os ilustraban. Ao rematar entregáronse os premios do Concurso Literario do Día das Letras Galegas e posteriormente o dos propios haikus.

Velaquí tedes as fotos

Curso PHP As Lagoas 069 Curso PHP As Lagoas 025 Curso PHP As Lagoas 025
Curso PHP As Lagoas 011 Curso PHP As Lagoas 020 Curso PHP As Lagoas 064
Curso PHP As Lagoas 087 Curso PHP As Lagoas 092 Curso PHP As Lagoas 084
Curso PHP As Lagoas 070 Curso PHP As Lagoas 073 Curso PHP As Lagoas 057