25.4.17

EL DESORDEN QUE DEJAS



O alumnado de 1º BAC conclúe a preparación do libro El desorden que dejas, de Carlos Montero. O Premio Primavera 2016 será o protagonista da Tertulia compartida que se desenvolverá o vindeiro 26 de abril no Liceo. No desenvolvemento da reunión, destacaron da novela a súa intriga, a caracterización dos personaxes principais e a linguaxe directa empregada polo autor. 


DÍA DO LIBRO 2017

Conmemoración do Día do libro e da entrega do Premio Cervantes 2016 ao novelista Eduardo Mendoza.




22.4.17

ENCONTRO CON MARÍA MENÉNDEZ-PONTE



“¿Por qué mataste a Iván?”
            María Menéndez-Ponte mantivo unha charla-coloquio cos alumnos e alumnas de 4º ESO sobre a súa novela Maldita adolescente, unha das actividades coas que iniciamos a celebración do Día do Libro 2017.
            A escritora faloulles do reto que para ela supuxo tratar na ficción un tema tan delicado como o suicidio entre adolescentes, e da dor que sentiu pola morte de Iván, un dos seus protagonistas.

Cartas a Iván
·         “Hola Iván: sé que esta carta llega demasiado tarde”
·         “Mi querido amigo, mi querido Iván: desde que te fuiste todo es diferente”
·         “Otro día más sin ti, Iván. Me gustaría haberte dicho muchas cosas antes de que tomases esa decisión”
            Estas son algunhas das cartas dirixidas a Iván, escritas polos alumnos e alumnas de 4º ESO.
            Con este feixe de emocións fixeron un libro colectivo, Cartas a Iván, que lle foi entregado a autora por Mencía F. Hernán, Andrés Rodríguez e Juan A. Molina, en representación de todos os seus compañeiros de 4º ESO. 

María Menéndez, emocionada, agradeceulles este agasallo tan especial.


 María Menéndez nun momento da charla. 

 Alumnos e alumnas de 4º de ESO que asistiron ao acto.

 Juan, Andrés e Mencía no comezo da presentación.

 María Menéndez-Ponte asinando exemplares.

 Cartas  a Iván, o libro feito polos alumnos e alumnas de 4º de ESO.

 Unha das páxinas do libro.


 Mencía, Andrés e Juan, en representación de todos os alumnos de 4º ESO, entréganlle o libro de Cartas a Ivan a María Menéndez.

18.4.17

CLUB DE LECTURA

Nova reunión esta mañá do Club de Lectura de Los diez magníficos. Baixo as indicacións da profesora Emilia González, continuaron coa aproximación á historia, aprenderon o código binario, descubriron números secretos...
Un interesante achegamento lúdico ás matemáticas que continuará en próximas sesións.



10.4.17

VISITA AO PARLAMENTO

O alumnado de Comunicación Oral de 1º Bacharelato visitou o 3 de abril o Parlamento de Galicia. Na planta baixa do edificio atópanse as dúas bibliotecas, unha delas coñecida co nome de Ricardo Carballo Calero, por acoller a súa biblioteca particular, e tamén os fondos bibliográficos da escritora galega Elena Quiroga. Recentemente tamén se adquiriu parte da biblioteca dos irmáns Vilar Ponte, así como unha boa parte do seu arquivo persoal. Neste espazo de sabedoría, o noso alumnado tivo ocasión de realizar un simulacro improvisado dun debate parlamentario que resultou do máis interesante.

8.4.17

VISITA A SAN CIBRÁN DE LAS

O alumnado de 1º de ESO A-B-C, acompañados polas súas titoras, visitaron o Castro de San Cibrán de Las, nunha actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia.
Dous guías realizaron detalladas explicacións de todo o percorrido: as exposicións do Centro de Interpretación, as escavacións e remataron con varios obradoiros moi interesantes.
Resultou unha actividade de gran interese  pois combinou a diversión coa aprendizaxe.



4.4.17

ENCONTRO CON IRIA MISA

Esta mañá o alumnado de primeiro de bacharelato e de 4º de ESO reuniuse na biblioteca coa escritora Iria Misa, que lles presentou a súa  novela Xa non estou aquí. Por uns momentos a súa profesora de inglés trocouse na autora da novela recoñecida co premio Jules Verne 2016. 
Iria explicounos cales foron as súas motivacións para escribir esta historia, que trata da desaparición de Ánxela, unha estudante de primeiro de bacharelato. Abordou tamén, nun interesante debate coas rapazas e rapaces, os prexuízos que a cotío rodean estes feitos, o papel dos medios de comunicación, etc.
A boa acollida dispensada deu pé para acordar xa un próximo encontro para comentar devagar a  novela unha vez que os lectores se acheguen á historia e coñezan as circunstancias vitais de Ánxela. 

Grazas, Iria!!












3.4.17

NOVIDADES

O noso expositor de novidades está encantado coas últimas aportacións de narrativa e teatro. Seguro que entre elas atopades a lectura que vos pode acompañar nas próximas vacacións.
Esperámosvos!!!



75 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE MIGUEL HERNÁNDEZ


"Me llamo barro, aunque Miguel me llame"

No 75 aniversario do pasamento de Miguel Hernández

Os alumnos de 4º ESO D lembran a figura Miguel Hernández coa lectura dos poemas máis emblemáticos deste autor, que lles serve de inspiración para crear as súas propias composicións.