1.12.15

NOVIDADES

Recén chegadas, unha morea de novidades, á espera de lectores desexosos de disfrutalas. Novelas, relatos, poesía... De todo hai!

Hector Cajaraville: De remate. Premio Xerais de novela 2015
Andrea Maceiras: Europa Express. Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015
 Marcos Calveiro: Fontán, Premio Narrativa Breve Repsol 2015
Manuel Portas: Lourenço, xograr. Premio García Barros 2015
Xabier Quiroga: Zapatillas rotas. Premio Nacional da Crítica 2015
Antón Riveiro Coello: Os elefantes de Sokúrov
Manuel Rivas: A boca da terra.
Antonio García Teijeiro - Antonio Reigosa: Lendo lendas, digo versos.
Alicia Jiménez Bartlett: Hombres desnudos. Premio Planeta 2015
Daniel Sánchez Arévalo: La isla de Alice. Finalista Planeta 2015






27.11.15

A NEVE INTERMINABLE





Novela de misterio de Agustín Fernández Paz protagonizada por un equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- que reciben a encarga de escribir os guións dunha serie de televisión. Para concentrarse, acoden a un hostal solitario nas terras de Fonsagrada. É inverno e a neve axiña os deixa illados. No hostal comezarán a producirse estraños sucesos...


24.11.15

PREMIOS LITERARIOS 2015

ROTEIRO DA ESMORGA

Os alumnos de 4º participaron no roteiro d'A esmorga. O guía de Turismo, José Ramón Cachaldora, levounos polas rúas cidade, seguindo os pasos do Cibrán, O Bocas e O Milhomes.


5.6.15

ENCONTRO CON FRANCISCO CASTRO

O día 4 recibimos no instituto a Francisco Castro que se reuniu cos alumnos de 1º e 3º de ESO para falar das súas novelas Chamádeme Simbad e O corazón da Branca da Neve. 
Logo do interesante coloquio cos lectores asinou exemplares das súas obras. 
Agradecidos pola súa visita.






25.5.15

CINCO OVEJAS NEGRAS


Cinco ovejas negras é un blog que naceu en setembro de 2014 co obxectivo de difundir a lectura infantil e xuvenil e achegar os libros e a actualidade literaria aos lectores. As súas autoras, cunha longa experiencia no ámbito da biblioteconomía, na docencia e en centros especializados, preparan reseñas e presentación de libros clásicos e actuais.

Noticias de actualidade, entrevistas cos autores, selección de libros clasificados por idade e por temas, relación de autores e ilustradores... unha interesante web que nos achega unha valiosa información acerca do panorama actual da mellor literatura infantil e xuvenil.

Estaremos atentos aos seus consellos e orientacións. 



13.5.15

Gañadores I Concurso Ilustración "Peito de Lobo"

Xa temos gañadores para o I Concurso de Ilustración, organizado pola Biblioteca, o Departamento de Plástica e o Equipo de Dinamización Lingüística.
 Os gañadores foron:
1º premio: María Domínguez Pérez (1º D ESO)
 2º premio: Sara Nogueiras González (1º C ESO)
3º Premio: Alberto Valencia Saco (1º D ESO)  e  Mario López Lois (1º D ESO)

 Felicitamos a todos eles polo seu magnífico traballo. E salientamos a colaboración da profesora de plástica, Juliana Ortega, que coordinou e dirixou a elaboración das imaxes.
 Ademais da publicación en papel, está tamén dispoñible a edición dixital que pode verse neste enlace:
.




Sara Nogueiras

Alberto Valencia

Mario López

7.5.15

VIAXE A CELANOVA

Un ano máis, o Departamento de Lingua Galega organizou unha excursión a Celanova para desenvolver unha interesante visita á terra de Curros Enríquez, Celso Emilio e Méndez Ferrín.
Gozamos das fermosas paisaxes e da frondosa vexetación desta terra, coñecemos o legado dos devanceiros e retornamos ata os afastados tempos dos castros, a Idade Media, o século XIX...e vivimos unha xornada de convivencia e diversión.
Sumámonos tamén á demanda de xustiza para o párroco D. Adolfo, custodio da Virxe do Cristal.

Grazas aos guías que  nos acompañaron, especialmente a Paula, sempre tan entregada e encantadora.
E ata o ano que vén!


No Castromao, escoitando a Paula
Candela Mazaira le un fragmento de "A Virxe do Cristal"
No poboado castrexo

 
Diante da capela de San Miguel
No Coro, atentos ás explicacións da guía.
 
Códice no Mosteiro de San Rosendo


Na Casa dos Poetas, escoitando as explicacións de Paula

Candela Mazaira le a "Cantiga" de Curros Enríquez
José Luís lendo o poema "A igrexa fría"


Na Praza Maior, iniciando o roteiro literario


Na Biblioteca do IES de Celanova

Diego le o poema "Longa noite de pedra" acompañado ao piano por Flor

Raúl ao piano
Na Adega de S. Vivián


Na Torre da Homenaxe de Vilanova dos Infantes