Chega o Nadal.
O CLUB DE LECTURA proponvos estes libros cos que seguramente pasaredes uns bos momentos de lecer. Podedes ir deixando os vosos comentarios no blog. E á volta de vacacións, vémonos nas reunións do noso club.
Boas vacacións e boas lecturas!
17.12.08
14.12.08
LINGUA ANIMADA: CINE DE ANIMACIÓN E LITERATURA
Acabamos de descubrir, grazas á indicación dunha estudante de Comunicación Audiovisual, a páxina de Flocos, o cineclube do audiovisual galego (http://flocos.tv/).

Son as seguintes:
Alistán, o demo oveiro (Álvaro Cunqueiro)
A Xaguarana (Avilés de Taramancos)
Good night, mon ami, (Castelao)
A escola das areas (Frei Martín Sarmiento) 

Xunto a elas, atópanse outras tres de distintos creadores:
O ataque dos kriters asasinos, de Sam Orti Martí.
A meiga chuchona , de Pablo Millán, baseado nunha lenda tradicional.
Carne de canón, de Darío Fernández Ignacio.
Podemos tamén consultar a ficha completa de cada unha na web da Axencia Audiovisual Galega.
Un auténtico pracer!
Disfrutádeo!
Na pestana de ANIMACIÓN podemos ver a serie A lingua animada, un conxunto de sete curtametraxes de animación en plastilina realizadas por Virginia Curiá e Tomás Conde, entre 2000 e 2003, baseadas en textos literarios de escritores galegos de diferentes épocas: Cunqueiro, Castelao, Ánxel Fole, Avilés de Taramancos, Murguía, Eladio Rodríguez e Frei Martín Sarmiento. Son adaptacións libres, con notas de humor e cunha magnífica realización.

Son as seguintes:
Alistán, o demo oveiro (Álvaro Cunqueiro)

A Xaguarana (Avilés de Taramancos)

Good night, mon ami, (Castelao)


Meigallos, sombras e papas de arroz (Eladio Rodríguez)


O ataque dos kriters asasinos, de Sam Orti Martí.
A meiga chuchona , de Pablo Millán, baseado nunha lenda tradicional.
Carne de canón, de Darío Fernández Ignacio.
Podemos tamén consultar a ficha completa de cada unha na web da Axencia Audiovisual Galega.
Un auténtico pracer!
Disfrutádeo!
Etiquetas:
Cine de animación,
Cine e literatura,
Noticias de interese
5.12.08
CONSUMO RESPONSABLE
Hoxe os alumnos de 1º de ESO asistiron no Salón de Actos a unha interesante actividade Organizada pola Federación Municipal de ANPAs sobre o consumo responsable a cargo do grupo (N+1)teatro (integrado por Esther Movilla, Laura Barreiros e Félix Estévez) que presentaron unha obra na que, mediante o humor, a sátira e a parodia reflexionan sobre os hábitos de consumo, a influencia da publicidade, a compra compulsiva, etc.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)