O día en que a serpe mordeu a Bommakka souben que ma nunca falaba por falar. De Bommakka só lembraba que era unha rapaza moi, moi delgadiña con grandes dentes e que cheiraba a suor que tumbaba. Iso era todo.
Daquela andaba eu matinando en contarlle a Lakshmi o do meu pai. Matinaba e matinaba e... zas, a serpe. Sería rei serpe ou raíña serpe? Fose o que fose, conveceume. Ma sabía o que facía. Ma sabía que as serpes eran perigosas, por iso me advirte de que mire por onde piso. A miña decisión final: manter a boca pechada como ela me pedira. Total, Lakshmi e mais eu iamos seguir sendo amigas soubese ela o do meu pai ou non.
Así comeza Usha.
Na contraportada podemos ler un breve resumo do seu contido:
"Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnataka, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotiá da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá."
Se xa estás lendo a novela, anota as túas opinións, comentarios, valoracións, impresións...
Podes atopar información sobre a autora e a súa obra en Literactúa e La Tanda.
7.3.08
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Usha é un libro que me gustou moito. Hai tempo que o lin, e non me lembro moito. Pero lembro que a historia me gustou moito, porque conta a vida dun pobo máis pobre e con clima distinto. Houbo algunhas inxusticias que non me gustaron, como por exemplo, case no final do libro, dúas rapazas gamberras e malas lle din a Uxía que lle diga á súa nai que se deixe de meter nos asuntos dos indios.
ResponderEliminarUsha é un libro moi bonito polo de agora.Vou na metade máis ou menos pero estame a gostar moito, gustaríame ir pasar uns días a India e ter unha amiga como Lakshmi.ten que ser emocionante coñecer outra cultura, outra lingua, outro estilo de vida...
ResponderEliminarPero hai persoas inxustas!
Penso voltar comentar cando o remate e animo a todo o que queira a lelo que se descubren cousas moi bonitas!
Gustoume moito, porque en lugar de contar a historia dende o punto de vista dun neno indio , contanolo dende o punto de vista de Usha, metade india metade galega, deste xeito podemos ver as comparacións dos dous mundos e darnos conta da sorte que temos de vivir aquí.
ResponderEliminarEu penso que o pai de Usha é Antón porque cando Usha soña con el dille que secadra a visitou aínda que non se dese de conta, e ademais temblalle a voz cando fala con ela polo telefono.
Non me parece nada xusto que eses dous rapaces lle chamen farrapenta a Lakshmi, nen que lle digan a Usha que a súa nai trae problemas.
Descubrin moitas cousas sobre as costumes indias e anotei algunhas palabras. Teriame gostado visitar a India aínda que so por unha temporada.
Estame a gustar moito, e moi ameno e facil de ler, pois o collelo enrédaste na lectura e non hai forma de deixalo. Quédanme moi poucos capítulos, e quero terminalo o máis pronto posible, porque quero saber como acaba todo.
ResponderEliminarAo principio non o pensaba ler porque o título non me atraía moito, pero cando nunha clase de galego viñemos o blog e lin o primeiro capítulo, entráronme gañas de lelo.
Ademáis, a miña profesora de galego tamén nolo recomendou a toda a clase, e as miñas amigas tamén fixeron boas críticas.
Cando o remate xa deixarei a miña opinión.
Unha aperta
O libro encantoume xa dende o principio.Os meus capítulos preferidos son cando nos empeza a falar da forma de vida, cultura, relixión etc e das inxusticias e cando ven a prima de Lakshmi que está moi triste e todo iso........
ResponderEliminarNunca pensei que este libro puidera estar tan ben non o leería de non ser por algunhas persoas...
es resumo : GUSTOUME MOITO!!!
unha aperta
gracias es pequeño resumen aprobei gallego si ni suspendia....gracias x alludarme,solo es q tenia que ser un poco mas largo que no pasaba nada....silvia
ResponderEliminar