13.2.09

RECITAL DE POESÍA DE AMOR

Anticipándonos á data de mañá, hoxe tivo lugar na biblioteca un recital de poesía de amor no que interviñeron un grupo de alumnos de 3º E e 4º B.

Natalia Movilla (4º B): rima X "Los invisibles átomos...", de Bécquer
Leandro da Silva (3º E): "Xaneiro 1972 II, de Celso Emilio Ferreiro.
Iago Vázquez (3º E): "Epitafio del enamorado", de Juan Bonilla.
Kevin Toro (3º E): "Así, sí",de Karmelo C. Iribarren.
Noelia Vila e Brais Piñeiro (4º B): rima XXIV "Dos rojas lenguas...", de Bécquer.
Thomas Kinsella (3º E): "Meniña, rapaza nova", de Eduardo Pondal.
Cristian Morales (3º E): "Te quiero", de Luís Cernuda.
Rosario Nóvoa (3º E): "Toma esta chave", de Antonio García Teijeiro.
Soraya Sorga (3º E): "El desayuno", de Luis Alberto de Cuenca.
Suso Costa (3º E): "Contigo", de Luis Cernuda.
Samuel López (3º E): "Yo no quiero morirme...", de Elsa López.
Esteban Martín (4º B): rima XLI "Tú eras el huracán...", de Bécquer.
Arely G. Zúñiga e César González (4º B): rima LIII "Volverán..." de Bécquer.

E Diego Álvarez (3º E) recitou este poema da súa creación:

Atopeite namorada
no máis profundo do meu alento.
Cautivaches a miña alma
desde o interior do meu pensamento.
cada noite, desde o ceo,
as estrelas botan a voar
e hoxe só che digo
co meu espírito máis sincero:
ata a fin do mundo
saberei que te quero.



7 comentarios:

  1. Anónimo13.2.09

    Como estudiante de 2º de bach. recibo en mi domicilio una carta aclarativa de la vicedirección del centro sobre la excursión de fin de curso.

    Ahora veo necesario que la opinión generalizada de los alumnos se exponga públicamente:

    - Que hablen de "voces dominantes" cuando a la hora de elegir a nuestros representantes de un modo típicamente democrático (mayoría absoluta) se escuchó una voz que hablaba de "hiperdemocracia" haciendo alusión a los inconvenientes que acarrea, es paradójico.

    - Es alucinante que de todos los requisitos que pretendíamos que cumpliera el viaje, sólo se quedaran con nuestra intención de "pasarlo bien". Lo que sucede es que ellos se olvidan de que sabemos pasarlo bien de un modo sano; que no viajamos kilómetros para "mazarnos" como se ha dicho (cito textualmente "el que quiera ir a la playa a mazarse que vaya con sus papás"), que tenemos La Alameda todos los sábados y un poco de cabeciña también, aunque no se lo crean. Señores, lo que más nos interesa de una ciudad no es el precio de una botella de whisky.

    - Y no (como da a entender la carta) se han propuesto destinos inconexos y a lo loco, simplemente tratábamos de mostrar que estábamos (y estamos) dispuestos a ayudar a conseguir una opción alternativa más viable para todos.
    Un mes antes de la reunión, de hecho, varios delegados fueron a hablar vicedirección para decirle que ellos organizarían un viaje dentro de España, simplemente tendrían que leer el informe y ver si el centro estaba conforme o no, pero no permitieron que eso fuera llevado a cabo alegando falta de tiempo para organizarlo.
    Esto sucedió un mes antes de la reunión, y la reunión 20 días ha; es prácticamente seguro que para estas fechas también dispondríamos una cuenta en dónde ingresar menos dinero (parece que se olvidan desde su cómodo puesto de funcionarios que no todas las familias disponen de esas ganancias) para un interesante viaje nacional.

    - En el escrito se habla de "consulta orientativa"; todos los años los alumnos eligen el destino, es el último año que pasarán juntos y consensuadamente seleccionan qué es lo más atractivo para ellos. Este año se ha dicho no a todas las opciones propuestas por ellos, saliendo finalmente la 6ª en orden de preferencia después de ciudades como Praga o Budapest, mucho más factibles.

    - El centro dice que hay que poner filtros porque organizar una excursión para 90 alumnos sería inadmisible, dando a entender que éste es económico. Y me pregunto yo, si llevamos 6 años en dicho instituto y saben de sobra cómo nos comportamos ¿por qué no un filtro en base a eso que evite sucesos problemáticos como ha sucedido en años anteriores?

    - De todos modos, en temas referentes a excursiones no es el primer problema. Cierto es que la filosofía del centro apoya las salidas como formación cultural de los estudiantes, pero siempre de un modo teórico. Se propuso que los alumnos que quisieran de H. del Arte viajaran a Marrakech para ver de cerca el tema que estaban estudiando de arte musulmana, el precio era verdaderamente económico y el viaje estaba totalmente organizado, el centro primero dijo que "no era un destino interesante" (personalmente luego se interesarían por Túnez como interesantísimo destino) y posteriormente que "dos viajes en un mismo curso eran inviables", cuando con anterioridad a los mismos alumnos se les había propuesto un viaje a París para visionar una exposición de Picasso.

    Aunque probablemente me deje algo en el tintero, esto es un sumario de lo que opinan los que no están autorizados para enviar cartas a los estimados padres.

    Y puedo decir que no me equivoco al hablar por la mayoría, porque a diferencia de la dirección del centro, me detengo a escuchar a los alumnos. Que tienen voz, y sobretodo voto, y no sólo orientativo, no os olvidéis que también elegimos a la dirección del centro.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo13.2.09

    Me encuentro totalmente de acuerdo con el comentario expuesto en esta página y como integrante del centro conozco de manera amplia el problema a debatir.
    Considero, al igual que la persona que ha escrito esto, que se debería escuchar a los alumnos, que se debería valorar en mayor medida su criterio (puesto que son personas maduras muy capaces de razonar adecuadamente) y apelo a que la dirección del Centro sea más coherente y consecuente con sus actos y palabras.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo13.2.09

    Ao meu enderezo chegou hoxe unha carte do IES LAGOAS que entre outras cousas dicía: "son moitos os alumnos e alumnas que sen dúbida lles apetece ir -e moitos pais e nais que estarían tamén contentos de que así fose-" con este comentario non só ofende a inútil democracia do seu centro senón tamén as aptitudes dos pais e nais do seu alumnado guiado por "voces dominantes", pais e nais que o único que pretenden é darlle o mellor aos seus fillos, pero ata que punto un pai pode ceder? non quero expecificar o meu propio caso pero, non foi un sorriso o que reflexou o rostro dos meus pais.
    ¡pedinlle 600 euros para ir a Londres como destino dunha viaxe de fin de curso que non fora elixida democráticamente -aínda que precedida dunha elección entre o alumnado presente ese día nas aulas-, con media pensión e cunha duración de catro días!
    Son moitas as familias que non chegan a fin de mes, é difícil para un pai dicirlle a un fillo que non pode pagarlle unha excursión de fin de curso. Porén, paréceme esperpéntico non que un pai non poida pagar 600 euros para que seu fillo marche de viaxe, senon que un ensino público pida esa cantidade para organizar unha excursión a cal os propios estudantes non queren ir, ben por ignorancia, ben por incultura ou sinxelamente polas diversas opinións subxectivas ou pola mera intolerancia co propio destino.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo14.2.09

    Como Outro Estudante de 2º de bacharelato recibo a mesma carta hoxe na miña casa, e despois de lela sorpréndome realmente da demagoxia coa que foi redactada.

    Coincido en que é indignante que se fale nela dunha minoría de "voces dominantes" e máis aínda que se diga que son as que non son receptivas coa idea do destino, cando se fixo nese momento unha votación na que absolutamente ningún dos asistentes á reunión expresou estar interesado en ir a Londres (resultado, sen embargo, nada sorpresivo, pois esta cidade quedara última na "consulta orientativa" das inicialmente propostas).
    Estou tamén dacordo en que o filtro non debería ser económico, sobre todo neste caso, no que o que nos abrangue é un instituto público que presume de ter unhas cualidades abertas e igualitarias (aínda que contra todo prognóstico se nos dera a entender sen ningún tipo de reparo que o nivel do instituto non se pode "rebaixar" e que (textualmente) "namentres o actual director ocupe este cargo, non se farán viaxes en segundo de bacharelato a capitales non europeas", todo isto en resposta á proposición de Barcelona -a todas luces un destino interesante tanto culturalmente como para o lecer- como cidade á que ir.
    Só engadir a aclaración de que eu, que persoalmente non me considero unha desas voces dominantes, non me deixo levar por elas de xeito inercial, como se suxire na carta.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo14.2.09

    Os alumnos de 2º de Bacharelato non entenden o motivo polo cal unha excursión debe ser tratada como imposición dende o alto, como única opción e como algo restrinxidamente lúdico-cultura posto que se ten unha visión deles coma alcólicos que aproveitan as saidas do centro para mazarse incontroladaemnre.

    Para representar ao IES fóra do recinto ou nunha selectividade, non teñen esa visión de nós, non si?

    Este ano Lagoas, quédase sen excurusión a cidade europea. ¡Bo comezo equipo directivo!

    ResponderEliminar
  6. Anónimo14.2.09

    Intentarei facer un resumo do sistema que se levou a cabo para decidir Londres.

    1 - A vicedirección chama aos delegados dos cursos pra propoñer destinos. Propóñense cinco: Amsterdam, Viena, Atenas, Budapest, Praga. (COMO SE PODE VER, OS ALUMNOS INICIALMENTE NON QUEREN LONDRES)

    2 - Faise unha votación entre os alumnos e gáñaa Amsterdam. O centro oponse e veta esa opción "porque escollemos Amsterdam para ir aos Cofee Shops"

    3 - Queda segunda na votación Praga. O centro tampouco a acepta. Por que? A min non me pregunten...

    4 - O centro, asemade, veta o resto de opcións. Por que? Lo mirmo digo, yo no te sé.

    5 - O centro, convocando aos delegados pero sen consultalos, propón dous destinos:Londres ou París.

    6 - Gaña a votación Londres (CONVERTÍNDOSE CON ISO NA SEXTA CIDADE DESEXADA, SÓ POR DIANTE DA CAPITAL FRANCESA)

    7 - O centro fai unha proposta de viaxe: 600 Euros por seis ou cinco días (non o lembro ben).

    8 - Moi pouca xente está disposta a ir, argumentando que o prezo é moi elevado.

    9 - Os delegados reúnense co centro e comprométense a buscar unha alternativa de viaxe, ORGANIZÁNDOA ELES (polo que o centro só tería que dar o visto bo ou non); ao que se opón rotundamente a dirección. Argumenta que xa non hai tempo e que debemos esperar até que acabe o prazo (7 de xaneiro) pra tomar unha decisión. Non hai tempo e deciden esperar? Contraditorio, ou non?

    10 - Como a xente seguía sen querer ir, faise unha reunión cos alumnos de segundo de bacharelato. Seguimos sen estar dispostos e propoñemos - DE NOVO - organizar unha alternativa. O centro vólvese negar. Ademais, non hai tempo. Vólvese invitar a esperar e á reflexión. Non hai tempo de organizar outra cousa e si de reflexionar? Pois dende o 7 de xaneiro até o día da reunión pasou un tempo ben "majo", oian, e ben podiamos ter rematada a organización dunha hipotética viaxe máis asequíbel.

    11 - O instituto fai gala do complexo do partido popular. Para explicarme: O PP está cheo de merda até as orellas e non ten a elegancia de calar, aínda seguen que Garzón nonseiqué e Garzón nonseicanto. Pois o centro, a imitalos: están facéndoo mal, e non gardan silencio, envían unha carta aos pais arrogante e demagóxica.

    Bravo por eles. Pero somos nós - que levamos seis anos xuntos - os que quedamos sen excursión. Estaredes contentos. Unha organización bárbara.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo14.2.09

    Cando entrei no instituto das Lagoas, no curso 2003-2004 vía un período moi longo que nunca remataría pero aí o está, chega o seu fin, e para celebralo, para expresar, simbolizar que rematou un momento do que non me esquecerei, véxome na obriga de aceptar unha excursión que se me impón por parte do centro, o mensmo que me acolleu nos malos e nos bos momentos.
    Pois prefiro celebrar que remato a miña estancia en Lagoas cunha reclamación, coa anulación da dichosa visita á dichosa capital europea, e se queriamos facer algo xuntos... nesto estamos unidos.

    ResponderEliminar