6.3.09

MULLER TRABALLADORA, MULLER INVISIBLE

Hoxe na Biblioteca realizouse unha actividade enmarcada dentro da celebración do Día da Muller, organizada pola profesora de FOL Marisol Amoeiro. As letradas Victoria Eugenia Diéguez e Cristina Paz fixeron un percorrido pola historia da muller e salientaron algunhas figuras representativas de distintos campos da arte e do coñecemento. As mulleres elixidas, sendo importantes para o desenvolvemento da humanidade, non foron recoñecidas xustamente pola propia historia e quedaron, ás veces, ocultas trala figura dun home; outras, simple e gravemente foron infravaloradas pola súa condición feminina.
O percorrido comezou no século X con Hipatia de Alexandria e terminou nos nosos días coa alpinista viguesa Chus Lago. En medio, figuras como Artemisa Gentileschi, Judith Lester, Ada Byron, Alma Mahler, Camile Claudel, Frida Khalo ou Clara Blanco, entre outras.
Interesante actividade que oxalá, cando menos, nos fixera reflexionar sobre a situación da muller na sociedade.

1 comentario:

  1. Anónimo12.3.09

    actividade realmente impactante. Despois dela os alumnos manifestaron a traves da escrita e de xeito anónimo a sua propia version do discruso. Os comentarios resultaron realmente interesantes, a meirande parte do aforo era consciente da relevancia do que ali se escoitou.

    ResponderEliminar