26.4.09

MÁIS AGASALLOS!!


Estamos emocionadísimos por estes recoñecementos que nos están chegando.
Recibimos de Felices Lecturas, o blog da biblioteca do IES Moncho Valcarcel, blog , o SELO VIOLETA. Este selo "representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".


A aceptación deste selo obríganos a aceptar as seguintes regras:

-Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
-Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
-Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
-Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.


Resulta moi difícil escoller outros blogs que tamén merecen este selo posto que son moitos os blogs que merecerían esta distinción porque están realizando un magnífico traballo a prol da difusión do libro, da lectura e da nosa cultura. Algunhas propostas:

A biblioteca do Colmeiro
Biblioteca do cole
Bibliobrey

Os poderes máxicos que queremos seguir mantendo son, entre outros, o poder de localizar os tesouros agochados nos andeis da nosa biblioteca e a capacidade de emocionarnos coas historias que neles imos descubrindo.

Moitas grazas, Felices lecturas.

3 comentarios:

  1. Moitas grazas por este agasallo, Celia. Para nos é un auténtico privilexio ter compañeiros/-as coma vos que nos consideren merecedores desta distinción. Un saúdo dende Silleda.

    ResponderEliminar
  2. Estos agasallos axúdannos a levantar os ánimos.Moitas grazas Celia.

    Bicos como páxinas dende Ponteareas

    Bea

    ResponderEliminar
  3. Tamén tedes dous agasallos para vos en Silleda.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar