28.10.09

SAMAÍN

Esta mañá os alumnos de 1º de ESO, coa súa profesora Eva Méndez, realizaron unha interesante actividade sobre o Samaín na biblioteca, convenientemente decorada para a ocasión con candeas e coas cabazas que eles mesmos prepararan.



Despois dunha presentación do significado e orixe desta festa, leron algúns contos de medo e tamén visionaron estes dous vídeos de MAMÁ CABRA que localizamos en you tube e que foron realizados na biblioteca do Ceip Mestres Goldar, aos que moito agradecemos o seu traballo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario