4.3.10

HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ

O pasado día 3 de marzo na Biblioteca do Instituto, celebramos o noso pequeno homenaxe a Miguel Hernández con motivo do centenario do nacemento deste poeta alicantino. Mesturamos a súa poesía recitada por algúns dos nosos alumnos con outros poemas aos que puxeron música Joan M. Serrat, Mayte Martín e Jarcha para recordar a figura deste sinalado home das letras . Estiveron presentes no acto os alumnos de 3º ESO A , grupo ao que pertencen os recitadores do acto, así como os gañadores do concurso de marcapáxinas. Estes últimos estiveron presentes porque o acto rematou coa entrega de premios do mencionado concurso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario