19.5.11

VIAXE A PADRÓN, SANTIAGO E GRES

Organizado polo Departamento de Galego tivo lugar o pasado día 4 de maio unha aproveitada xornada na que 30 alumnos de primeiro de bacharelato percorreron tres lugares emblemáticos da xeografía cultural de Galicia.

Visita á casa de Rosalía de Castro: Entre as dez e media e once e media visitamos a casa e os xardíns da casa de Rosalía en Padrón onde puidemos ver as lembranzas da súa vida e da súa familia que alí se gardan.

Visita á Cidade da Cultura: De doce a dúas menos cuarto asistimos a unha visita guiada ás instalacións da Cidade da Cultura no monte Gaiás. Alí puidemos ver os dous edificios en funcionamento, Biblioteca e Arquivo e os outros dous cuxa construción está moi avanzada, (Museo e servizos centrais). A visita incluíu unha explicación demorada de proxectos, ritmos etc. Aínda que o máis que cobizou ao mozos e mozas foi subir polo tellado pino.

En Santiago de Compostela fixemos a parada de dúas horas e cuarto para xantar libres pola cidade.

Visita a Gres  Ás cinco da tarde tivemos un emocionante encontro co escritor Xosé Neira Vilas quen nos contou a súa vida e nos ensinou a activa Fundación que leva o seu nome.

Despois fixemos un percorrido polas "insuas de Gres", unha das paisaxes máis fermosas do noso territorio, formada por varías illas no cauce do río Ulla, xusto ao pé da Ponte Ledesma onde tivo lugar unha das máis importantes batallas contra os franceses en 1809.

Chegamos de volta sobre as oito da tarde despois de pasar un día magnífico.

 

P5040056 [1024x768] P5040067 [1024x768] P5040071 [1024x768] 
P5040093 [1024x768] P5040107 [1024x768] P5040117 [1024x768]
     

Ningún comentario:

Publicar un comentario