Un ano máis, o Departamento de Lingua Galega organizou unha excursión a Celanova para desenvolver unha interesante visita á terra de Curros Enríquez, Celso Emilio e Méndez Ferrín.
Gozamos das fermosas paisaxes e da frondosa vexetación desta terra, coñecemos o legado dos devanceiros e retornamos ata os afastados tempos dos castros, a Idade Media, o século XIX...e vivimos unha xornada de convivencia e diversión.
Sumámonos tamén á demanda de xustiza para o párroco D. Adolfo, custodio da Virxe do Cristal.
Grazas aos guías que nos acompañaron, especialmente a Paula, sempre tan entregada e encantadora.
E ata o ano que vén!
 |
| No Castromao, escoitando a Paula |
 |
| Candela Mazaira le un fragmento de "A Virxe do Cristal" |
 |
| No poboado castrexo |
 |
| Diante da capela de San Miguel |
 |
| No Coro, atentos ás explicacións da guía. |
 |
| Códice no Mosteiro de San Rosendo |
 |
| Na Casa dos Poetas, escoitando as explicacións de Paula |
 |
| Candela Mazaira le a "Cantiga" de Curros Enríquez |
 |
| José Luís lendo o poema "A igrexa fría" |
 |
| Na Praza Maior, iniciando o roteiro literario |
 |
| Na Biblioteca do IES de Celanova |
 |
| Diego le o poema "Longa noite de pedra" acompañado ao piano por Flor |
 |
| Raúl ao piano |
 |
| Na Adega de S. Vivián |
 |
| Na Torre da Homenaxe de Vilanova dos Infantes |
Ningún comentario:
Publicar un comentario