30.3.15

SEMANA DA CIENCIA

Un ano máis do Departamento de Física e Química organiza a Semana da Ciencia, que este curso se desenvolve entre o 23 e o 27 de marzo. Desde a biblitoeca sumámonos ás actividades programadas cunha exposición de libros de divulgación de coñecementos científicos.
Os máis interesados foron os rapaces máis pequenos. Desexamos que o seu interese non decaiga e que nos aporten no futuro importantes achegas no campo das ciencias.




No hay comentarios:

Publicar un comentario