28.4.15

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

Hoxe recibimos a Ledicia Costas para un encontro co alumnado de 3º ESO acerca da súa obra O corazón de Xúpiter.
Falounos das motivacións para escribir esta historia de crítica social e concienciación acerca dos perigos das redes sociais. Respondeu as moitas preguntas dos rapaces sobre esta obra que moito lles gustou e non os deixou indiferentes, cumprindo deste modo o obxectivo que ela se propuxo ao escribila.
Desde hoxe contamos tamén na biblioteca con exemplares dedicados de O corazón de Xúpiter e de Escarlatina, a cociñeira defunta!! 
Grazas a Leticia por dedicarnos o seu tempo e compartir as súas experiencias cos lectores.
E ata a próxima!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario