25.12.16
RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL
O alumnado de
Comunicación Oral de 1º BAC felicita o Nadal dende a biblioteca desexándonos
unha felices lecturas e recomendándonos algúns títulos que, con seguridade,
resultarán do agrado de todos. Como agasallo final, Alejandro agasállanos cun
literario e sorprendente truco de maxia.
22.12.16
BO NADAL E FELICES LECTURAS
A biblioteca deséxavos un bo Nadal e un moi feliz ano 2017 no que sigamos compartindo o pracer da lectura.
Unha selección de libros interesantes
E algunhas propostas do alumnado de 1º de ESO.
Unha selección de libros interesantes
E algunhas propostas do alumnado de 1º de ESO.
21.12.16
CONCURSO MARCAPÁXINAS
Xa temos gañadores do Concurso de marcapáxinas.
1º premio: MANUEL LAMELA VÁZQUEZ (1º ESO-B). Logo da súa impresión, converterase no marcapáxinas oficial deste curso.
2º premio: GABRIEL FOLGOSO (1º ESO-E )
3º premio: PABLO RODRÍGUEZ MATEO (1º ESO-A)
Accésit: IRIA CRESPO (1º ESO-E)
Parabéns aos gañadores!!!
E tamén a todo o alumnado de 1º de ESO pola súa participación e pola creatividade e beleza das súas creacións. As seguintes imaxes son boa proba.
1º premio: MANUEL LAMELA VÁZQUEZ (1º ESO-B). Logo da súa impresión, converterase no marcapáxinas oficial deste curso.
2º premio: GABRIEL FOLGOSO (1º ESO-E )
3º premio: PABLO RODRÍGUEZ MATEO (1º ESO-A)
Accésit: IRIA CRESPO (1º ESO-E)
Parabéns aos gañadores!!!
E tamén a todo o alumnado de 1º de ESO pola súa participación e pola creatividade e beleza das súas creacións. As seguintes imaxes son boa proba.
18.12.16
O ACHADO DO CASTRO
O alumnado de 2º F de Bacharelo de Artes representou a obra teatral O achado do castro de Manuel Núñez Singala, baixo a dirección do profesor Xosé Antón Calviño. O bo facer dos actores e actrices e a comicidade da obra víronse recoñecidos con risas e aplausos moi merecidos.
Parabéns a todos os que participaron nesta montaxe!!!
13.12.16
PRÓXIMA LECTURA DO CLUB DE 3º E 4º
Esta mañá os integrantes do club de lectura de 3º e 4º recolleron os exemplares da próxima novela que comentarán nas reunións que se convocarán xa no próximo trimestre.
Trátase de La sombra del viento de Carlos Ruiz Zafón.
Feliz lectura!!!
Trátase de La sombra del viento de Carlos Ruiz Zafón.
Feliz lectura!!!
9.12.16
O ACHADO DO CASTRO
Hoxe realizamos unha sesión de lectura dramatizada na biblioteca co
alumnado de 1º A e 1º B. A obra escollida foi O achado do castro, de
Manuel Núñez Singala. Un texto divertido que arrancou gargalladas ao ler os disparatados parlamentos de Caleno, Catulo, Carmiñae,
Manolitus, Emperador...
A próxima semana asistiremos á representación teatral no salón de actos realizada polo alumnado de 2º de Bacharelato de Artes.
28.11.16
REUNIÓN CLUB DE LECTURA
Os integrantes do club de lectura de 1º-2º de ESO reuníronse para poñer en común a súa lectura persoal de A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prada. Tamén expuxeron os debuxos que elaboraron.
25.11.16
25 DE NOVEMBRO, DIA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Queremos aportar o noso gran de area para sensibilizar o
noso alumnado acerca da necesidade de loitar contra a desigualdade entre homes
e mulleres, desterrar o machismo, denunciar a perpetuación de condutas que
contribúen á violencia de xénero.
Preparamos unha selección de libros nos que está presente esta temática.
E acompañámolos duns poemas que denuncian algunhas actitudes que contribúen á violencia e marxinación das mulleres.
O que Penélope teceu na súa Singer1
foi a cruz das condenadas
Xa non queren ser a Selene
que olla parva ó Endimión durmido
Aborrecen ser Sibilas que contan
grans de area
esquecendo pedir o seu propio desexo
Nin mortais que no sono da noite
ceiban os seus corpos a deuses con poder
As amazonas tampouco sabían facer punto de
cruz.
(Antía
Otero, O son da xordeira)
|
FÓRA DE CONTROL
A
quen chamo, como visto, onde andabas metida...
En
canto valoras, my boy, este corte de mangas?
(Carlos
Negro. Penúltimas
tendencias )
|
PRINCESA
(CONTRA) DISNEY
Cuspo
os chícharos
agochados
no colchón
como
se fosen balas.
Arrinco
o vestido de seda.
Íspome
e pego un berro
que
escacha as porcelanas.
O
cabelo longo semella atadura.
(As
tesoiras fanme menos escrava).
Fuxo
da torre.
Da
mazá envelenada
da
obediencia.
Fendo
os ferrollos.
Pelo
curto,
lingua
solta.
Respiro
fondo,
corro
descalza.
Comezo
a alancar
cara
a esa gándara
máis
alá dos espellos.
(Vaime
volvendo a voz
que
perdín en palacio).
(Carlos Negro: Penúltimas tendencias)
|
Quero
abandonar
a
vida morta
das
princesas.
(Lupe Gómez: Levantar as tetas)
|
LAPIDADAS
Como ovellas que van ao matadoiro
camiñades a serdes lapidadas en reas, silenciosas e humilladas, baixo a mirada atenta do carneiro. Que o voso sangue sexa o derradeiro a mollar esas terras magoadas polo integrismo cruel, polas brigadas dunha fe que vos nega todo abeiro. ¡Maldita sexa a man que tira a pedra! ¡Maldito na semente e no futuro o nome dos que erguen ese muro sobre peitos que alentan! ¡Sexa a hedra nai piadosa a cubrilas, nai que medra a reclamar a vida en berro puro!
(Marica
Campo)
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)