11.2.16

CHAMÁDEME SIMBAD

O alumnado de primeiro de ESO leu nesta avaliación a novela de Francisco Castro Chamádeme Simbad, obra que foi recoñecida na Lista de Honra do IBBY 2012 na modalidade de escritores, Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de 1º e 2º da ESO, Premio ao "mellor libro infantil de 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.

Trátase dunha historia tenra e emotiva que contrasta, a través do humor, o mundo dos nenos co dos adultos e achéganos  a problemática dunha enfermidade silenciosa que trastoca toda a vida familiar.

"O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro." (presentación editorial)


Que vos parece esta historia? Deixade as vosas reflexións e comentarios de lectura.

44 comentarios:

  1. Chámome Antía de 1B gustoume o libro gustoume moito por que a historia que conta non acaba como eu pensaba
    :-)

    ResponderEliminar
  2. Anónimo9.2.17

    Chámome Pablo Araújo de 1A e o que máis me gustou foi a intriga que me mantivo en vilo ata o final.Ademais a aventura pareceume divertida

    ResponderEliminar
  3. Chámome Carlota de 1A o libro encantoume,algunhas partes son moí divertidas pero outras podénche facer chorar.Sen dúbida eu recomendaría este libro.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo11.2.17

    Chámome Carlota de 1A o libro encantoume,algunhas partes son moi divertidas e outras moi tristes e cando rematas un capítulo tes ganas de seguir lendo máis.Sen dúbida eu recomendaría este libro.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo13.2.17

    Ola son Julio de 1B e gustoume o libro porque na parte que busca o avo fixome moita graza

    ResponderEliminar
  6. Anónimo13.2.17

    Chamome Marcos Reza.
    Eu recomendaría este libro porque é unha historia que podería ser real, aunque é algo triste nalgunhas partes seguro que para algunha persoa,que está sufrindo o mesmo tema co seu avó reconfortalle lelo.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo13.2.17

    Chamome Steven de 1B e gustoume moito o libro por a historia que conta,porque pode pasarlle a calquera e este libro nos ensina a vida dunha familia onde un dos familiares ten alceimer.tamen ten intriga e diversion,o que fixo que estivera enganchado desde o comezo da historia

    ResponderEliminar
  8. Anónimo13.2.17

    Chámome Luna de 1ºB, o libro gustoume moito eu recomendaría este libro, pareceume moi bonita a relación entre o avó e o neto, recordoume moito a unha experiencia persoal similar.

    ResponderEliminar
  9. Anónimo13.2.17

    Chámome Maria,son de 1B.
    A min, olibro gustoume,porque trata un tema,que é o alzhéimer moi serio e é por iso polo que me pareceu moi realista e nostálxica.

    ResponderEliminar
  10. Anónimo13.2.17

    Chámome Antía Álvarez de 1ºB, o libro gústoume porque trata temas moi delicados facendo que non o pareza. Ten suspense, humor e partes de tristura, e o final é moi diferente do que eu pensaba.

    ResponderEliminar
  11. Anónimo13.2.17

    Chámome Manuel de 1B. Este libro gustoume moito porque fala do alzéhimer por unha perspectiva de un neno pequeno e creo que iso é difícil de facer sendo un adulto o que escribe o libro e tivo que pensar moito para tocalo tema do alzéhimer facendo a historia de interés dalguén da nosa idade.

    (¡mamá,salgo nun blog!)

    ResponderEliminar
  12. Anónimo13.2.17

    Chámome Nazareth de 1B a min o libro pareceume moi interesante,xa que ao que lle pasou a Paulo pódelle pasar a calquera de nós. Gustoume moito porque é moi entretido e o pásalo moi ben lendo. O aspecto que máis me gustou do libro foi que todo se soluciona. Mentres que o estaba lendo sentín máis curiosidade de seguir lendo. Recomendaría este libro, xa que é moi interesante, pásalo ben lendo é déixate un pouco con intriga, polo menos a min.

    ResponderEliminar
  13. Anónimo13.2.17

    Chamome Antiá Molina de 1B gustoume moito o libro porque e moi bonito e hai moita intriga.

    ResponderEliminar
  14. Anónimo13.2.17

    Chámome Francisco Javier de 1B.O libro encantoume,por o vínculo que teñen o avó co seu neto.É unha novela moi bonita e na miña opinión,todos teñen que lelo.

    ResponderEliminar
  15. Anónimo13.2.17

    Chámome Antía de 1B fai tempo que o lin pero a historia que conta foi divertida e intrigante pero o final gustoume por que o rapaz enfronta aos seus pais contra a situación que está a ocorrer

    ResponderEliminar
  16. Anónimo13.2.17

    Chámome Sara de 1B. O libro gustoume moito porque o autor o que quere amosar é a capacidade que poden ter os avós cos netos de quererse tanto e divertirse coma ninguén. Algunhas cousas parecéronme un pouco mal, pero en xeral o libro emocionoume moito porque pensei que sentimentos que cría non ter, agora os revivín

    ResponderEliminar
  17. Anónimo13.2.17

    Chámome Santiago Prada de 1ºB.Gustoume moito,na historia,sentín moitos nervios ca desaparición do avó,aínda que tamén sorpresa por como Paulo, sendo un neno que non se enteraba de case nada ten a valentía, de marchar da casa e ir buscar ao avó.

    ResponderEliminar
  18. O libro non me gustou(ou gustoume?) moito xa que ás veces non sabías moi ben o que de verdad sentía a nai de Paulo con todo o que estaba a acontecer. Outros aspectos tamén me pareceron moi entretidos, pero en xeral non é un libro que me gustara de verdade.
    Por certo, son Nacho de 1ºA

    ResponderEliminar
  19. Anónimo19.2.17

    Eu son Marta de 1ºA,grazas a este libro gustóume moito ler, que os libros che poden traer sentimentos, é o libro que mais marcóume a verdade,fíxome recordar a o meu avó, só que él non apareceu mais.As veces a historia é divertida,grazas a anotacións de Paulo,a o longo da historia, o neno vai madurando,dándose conta en que circunstancias atópase, foi o que máis me gustou,tamén o vínculo que trae o neno co avó,sen embargo,tamén é triste como o neno chora polo seu avó,causat tristura. Tamén intriga, Grazas por recomendarme este libro.

    ResponderEliminar
  20. Martín Padrón Rodríguez3.3.17

    Gustoume moito o libro, xa que era moi divertido e estaba cheo de intriga e emoción. Non me gustou que os capítulos acabaran con tanta intriga, e entón era incapaz de parar de leer

    ResponderEliminar
  21. Lucas González Fiz 1D ESO14.3.17

    O libro gustoume bastantes pareceume entretido, tiña bastante intriga. Critica varios temas coma os móbiles. A maioria dos capitulos gutaronme , excepto alguns que eran moi curtos.

    ResponderEliminar
  22. Martín Rodríguez Abad14.3.17

    É un dos libros que mais me gustou, sobretodo a intriga e emoción que provoca. A historia é marabillosa, cando comezas a lelo é moi difícil parar ata rematar a intriga, pero para o meu gusto o último capítulo podería ter maior emoción.

    ResponderEliminar
  23. Nerea Pérez Méndez 1ºD14.3.17

    Encantoume o libro,emocionoume moito e pareceume emocionante o amor que se ten o avó ao neto. Foi o libro de galego que máis me gustou, pareceume estupendo. É un libro de intriga e recoméndolle a quen lle gusta a intriga, os capítulos rematan con moita intriga e por iso non podía parar de leelo.
    Recoméndollo a todo o mundo porque estou segura de que lle vai gustar. O único que non me gustou foi que os pais de Paulo míntenlle moito e a min non me gusta a mentira

    ResponderEliminar
  24. Alba Gómez Cid 1ºD14.3.17

    A min gustoume o libro porque o avó quere moito ao seu neto e como o seu neto fai todo o posibel para atopalo pero non me gustou as mentiras que o ao lle din ao fillo

    ResponderEliminar
  25. Pablo Barrós Fernández - 1° C14.3.17

    Este libro gustoume moito porque é moi interesante. O que máis me gustou foi o último capítulo porque di como acaban todos os personaxes. Recoméndollo a todos.

    ResponderEliminar
  26. Normalmente non me gusta ler libros de literatura pero este gustoume polo emocionante que foi cando atoparon ao avó.

    ResponderEliminar
  27. Noa Pazos R15.11.17

    Ola,eu son Noa Pazos de 1E .
    A min gustoume moito esta novela de Francisco Castro porque a sua historia pareceme moi orixinal.
    Paréceme moi ben que o autor fale do tema do alzheimer xa que hoxe en dia pode haber moitos nenos na misma situacion ca de Paulo con respecto ao comportamento do avó .
    As ilustracións pareceronme moi axeitadas respecto o contido do libro , xa que nos da unha idea concreta de como o avó ve a Paulo (Simbad para él)

    ResponderEliminar
  28. Anónimo15.11.17

    María López Randolfe 1ºD
    Chámademe Simbad é unha novela moi interesante xa que o neno está moi unido ao seu avó,expresase en todo momento o amor. Hai demasiadas mentiras, cousa que o pon ainda mais interesante, esperando a saber o final. Gustoume moito.

    ResponderEliminar
  29. bregan perez21.11.17

    a min gustoume moito este libro xa que ata o final do libro non te resolve todas as cuestions q te vas fancendo mentres lees o libro .

    ResponderEliminar
  30. JORGE VARELA MOJON 1.C22.11.17

    Jorge Varela Mojón 1.C
    Este libro de Francisco Castro gustoume moito, pola forma de contar a historia sen desvelar o final, pareceronme interesantes as mentiras que lle contaron a Paulo para que non lle fixera caso ao avó, sorprendeume o cariño que teñense Paulo e máis o avó e emocionoume o final do libro cando Paulo ten que actuar como un adulto.

    ResponderEliminar
  31. Chámome Numila Fernández e vou na clase de 1E.
    Chámome Numila Fernández Prieto e vou na clase de 1E.
    Encantoume a novela. É moi orixinal e está chea de emoción, intriga e tenrura. Gustoume o personaxe de Paulo ou Simbad o Mariñeiro; paréceme un neno moi valente, maduro e intelixente, que loita contra a enfermidade do seu avó e trata de ensinarlle unha gran lección ao seu pai. As ilustracións parecéronme moi chulas e orixinais. Recoméndoo totalmente.

    ResponderEliminar
  32. Estela Borrajo González 1ºE22.11.17

    Ola, son Estela Borrajo González de 1ºE.
    Penso que esta novela mostra moitos aspectos importantes. Un de eles é o da madurez da infancia, pois Paulo, un neno de 10 anos, ten máis madurez cos seus pais. Relacioneino coa miña familia, xa que moitos aspectos que amosan os personaxes son semellantes. As ilustracións. Síntome un pouco triste porque ao principio da novela o pai non lle quería nada ao avó e pola súa marcha, dado que deberíamos considerar mellor aos anciáns. Aínda así, síntome bastante leda, porque arregláronse as cousas entre eles. Incluso o pai de Paulo dixou un pouco de lado o móbil!

    ResponderEliminar
  33. Noe vilan ojea22.11.17

    Gustoume moito porque ensinanos e aprendemos nel un montón de cousas, aprendemos a como hai que actuar nunha situación difícil, a que debemos ser valentes e non escudarse fronte os problemas Pareceume interesante a actitudes de Paulo sorprendeume moito que o paí fose tan inmaduro e que fose o fillo o que actuara coma unha persoa maior, emocionoume o momento no que Paulo atopa o avo en definitiva e un libro moi divertido e chulo

    ResponderEliminar
  34. Anónimo24.11.17

    Ola eu son Javier Fdéz Araujo de 1E e a
    min me encantou este libro por que ten un bo final,e xa desde o principio do que o pai de simbad no paraba co mobil botabame a rir��,tamen hai moutas mentiras.Gustoume moitisimo o libro

    ResponderEliminar
  35. Anónimo24.11.17

    Ola eu son Javier Fdèz Araujo de 1E e este libro encantoume,e a min non esque me guste leer libros,pero este gustoume por todo o pai co mobil que non o deixaba��������,tamen cando simbad e os pais se menten entre si,e ten un final moi bo.Espero leer outro libro como este.Encantoume.

    ResponderEliminar
  36. Antía Ollero Cadilla25.11.17

    Ola, son Antía Ollero Cadilla de 1ºD
    Este libro gustoume porque é divertido e está cheo de intriga. Aprendín que, ás veces, os nenos poden resolver problemas de adultos e que hai que coidar dos maiores porque eles nos coidaron a nós. Pareceume interesante porque amosa diferentes puntos de vista dunha situación difícil. Sorprendeume o comportamento de Paulo ao longo da novela, tanto cando desaparece o avó como cando o atopan.

    ResponderEliminar
  37. Candela Nóvoa Morales27.11.17

    Ola, son Candela Nóvoa Morales de 1ºC
    Gustoume moito esta novela por varias razóns. Unha delas e que reflexa moi ben os problemas dos adultos e as súas contradicións,ensinandonos a visión que teñen os nenos respecto os problemas importantes.Este libro pode facer reflexionar a moita xente sobre a súa actitude coa xente maior.
    É unha obra moi simple de ler e de entender.
    Outra das razóns pola que me gustou e porque e un unha lectura que engancha facilmente. Dende o primeiro momento que comenzei a lela vin que era unha novela moi entretida e interesante. A min gustoume moito polo que a recomendo ler.

    ResponderEliminar
  38. Ola, son Sara Rodriguez Doval de 1°C da ESO e lin Chamádeme Simbad este curso. Foi unha novela que me gustou moito polo trato que ten Paulo co seu ave e a ata positividade ante calqueira adversidade. Ademais, nela aprendín que que os adultos de cando en vez, non ven as cousas como as deben ver e tamen que cando queres conseguir algo, debes loitar e loitar, ás veces tamen mentir. Sorprendeuse e á vez emocionoume o final do libro tan conmovedor na Taberna do Pirata, e que a pesar de todo pique fixo o seu pai, Paulo ten claro que cando el creza non se vai separar del nin un minuto. Os eunucos e ilustacións tamen me encantaron xa que me pareceron moi orixinais e moi apropiadas para este relato. O que fai que agora eu recomendo totalmente o libro foi que, cada vez que remataba un capítulo, tiña gañas de ler o seguinte. Esta xenial!!!

    ResponderEliminar
  39. Ola, son Sara Rodriguez Doval de 1°C da ESO e lin Chamádeme Simbad este curso. Foi unha novela que me gustou moito polo trato que ten Paulo co seu ave e a ata positividade ante calqueira adversidade. Ademais, nela aprendín que que os adultos de cando en vez, non ven as cousas como as deben ver e tamen que cando queres conseguir algo, debes loitar e loitar, ás veces tamen mentir. Sorprendeuse e á vez emocionoume o final do libro tan conmovedor na Taberna do Pirata, e que a pesar de todo pique fixo o seu pai, Paulo ten claro que cando el creza non se vai separar del nin un minuto. Os eunucos e ilustacións tamen me encantaron xa que me pareceron moi orixinais e moi apropiadas para este relato. O que fai que agora eu recomendo totalmente o libro foi que, cada vez que remataba un capítulo, tiña gañas de ler o seguinte. Esta xenial!!!

    ResponderEliminar
  40. Ola! O libro gustoume moito porque te ten enganchado, pola desaparición do avó. É moi gracioso, e tamén explica a realidade.
    Carme C 1ºC.

    ResponderEliminar
  41. Diego Jesús García González30.11.17

    Ola ,eu son Diego Jesús García González de 1ºD
    Este libro gustoume porque leva tanta intriga que non podes deixar de ler.Aprendín que apesar das dificultades da vida tes que querer á túa familia e dalo todo por ela .Pareceume interesante porque Paulo non se rendiu na busca do seu avó .Sorprendeume o maduro que é Paulo coa idade que ten.

    ResponderEliminar
  42. Anónimo3.12.17

    NUNO GONZÁLES ESCUDERO 1ºESO C
    Este libro non é que me gustara xa que estou afeito a ler ciencia ficción, pero con respeto a o que me esperaba non esta mal. Paréceme increíble a forma que ten Paulo para solucionar os problemas e o atrevido que foi marchando só nun taxi ata a Taberna dos Piratas. O que sí non me gustou para nada foi o egoísmo do pai ao non precuparse de nada menos do traballo. Recomendo este libro a todos os nenos e nenas deste universo.

    ResponderEliminar
  43. Anónimo13.12.17

    Ola son Izan Vazquez Gonzalez de 1ºC.
    O libro de Simbad gustoume moito porque apréndese a que hai que coidar dos maiores e non contar mentiras porque ao final acábanse descubrindo. E tamen me gustou moito o que di ao final Paulo de que a pesar de todo o que lle fixo o seu pai el cando o pai fora maior iba a coidar del e non desatendelo. Chamoume moito a atención a boa responsabilidade que ten o neno durante toda a novela a pesar de ter so 10 anos.

    ResponderEliminar
  44. Mencía Luis González21.12.17

    Ola, eu son Mencía Luis González de 1º D. O libro Chamádeme Simbad gustoume moito, pero ao principio puxenme un puco triste porque o pai non quere moito ao avó e lle contan moitas mentiras. Encantoume a facilidade coa que se solucionaron as cousas, e só falando.

    ResponderEliminar