Os integrantes do club de lectura de 1º-2º de ESO reuníronse para poñer en común a súa lectura persoal de A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prada. Tamén expuxeron os debuxos que elaboraron.
28.11.16
25.11.16
25 DE NOVEMBRO, DIA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Queremos aportar o noso gran de area para sensibilizar o
noso alumnado acerca da necesidade de loitar contra a desigualdade entre homes
e mulleres, desterrar o machismo, denunciar a perpetuación de condutas que
contribúen á violencia de xénero.
Preparamos unha selección de libros nos que está presente esta temática.
E acompañámolos duns poemas que denuncian algunhas actitudes que contribúen á violencia e marxinación das mulleres.
O que Penélope teceu na súa Singer1
foi a cruz das condenadas
Xa non queren ser a Selene
que olla parva ó Endimión durmido
Aborrecen ser Sibilas que contan
grans de area
esquecendo pedir o seu propio desexo
Nin mortais que no sono da noite
ceiban os seus corpos a deuses con poder
As amazonas tampouco sabían facer punto de
cruz.
(Antía
Otero, O son da xordeira)
|
FÓRA DE CONTROL
A
quen chamo, como visto, onde andabas metida...
En
canto valoras, my boy, este corte de mangas?
(Carlos
Negro. Penúltimas
tendencias )
|
PRINCESA
(CONTRA) DISNEY
Cuspo
os chícharos
agochados
no colchón
como
se fosen balas.
Arrinco
o vestido de seda.
Íspome
e pego un berro
que
escacha as porcelanas.
O
cabelo longo semella atadura.
(As
tesoiras fanme menos escrava).
Fuxo
da torre.
Da
mazá envelenada
da
obediencia.
Fendo
os ferrollos.
Pelo
curto,
lingua
solta.
Respiro
fondo,
corro
descalza.
Comezo
a alancar
cara
a esa gándara
máis
alá dos espellos.
(Vaime
volvendo a voz
que
perdín en palacio).
(Carlos Negro: Penúltimas tendencias)
|
Quero
abandonar
a
vida morta
das
princesas.
(Lupe Gómez: Levantar as tetas)
|
LAPIDADAS
Como ovellas que van ao matadoiro
camiñades a serdes lapidadas en reas, silenciosas e humilladas, baixo a mirada atenta do carneiro. Que o voso sangue sexa o derradeiro a mollar esas terras magoadas polo integrismo cruel, polas brigadas dunha fe que vos nega todo abeiro. ¡Maldita sexa a man que tira a pedra! ¡Maldito na semente e no futuro o nome dos que erguen ese muro sobre peitos que alentan! ¡Sexa a hedra nai piadosa a cubrilas, nai que medra a reclamar a vida en berro puro!
(Marica
Campo)
|
MANNEQUIN CHALLENGE: 25 DE NOVEMBRO
O alumnado de Comunicación Oral de 1º D-E-F de Bacharelato súmase á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero con este Mannequin Challenge co que pretende concienciar acerca da necesidade de romper cos comportamentos que perpetúan a violencia.
23.11.16
O NOSO FACEBOOK

Aínda non coñeces o noso Facebook? Queres ver as publicacións que compartimos?
Este é o noso enderezo: https://www.facebook.com/unhalagoa.delibros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)