31.5.17

USHA


A novela desta última avaliación de 1º de ESO é Usha, de María Reimóndez.

Sinopse editorial:
"Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá.Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece."

Que vos pareceu esta historia? 

Podedes deixar embaixo os vosos comentarios.

6 comentarios:

  1. Anónimo5.6.17

    É un libro que gustoume moito. Gustaríame ler a secuela deste. (Rafael Domínguez)

    ResponderEliminar
  2. Anónimo5.6.17

    Gustoume moito a novela de usha.Por o que pasa dentro dela,creo que e a única novela obrigatoria que quería acabala,por saber o final.
    (Julio iglesias doval 1ºB)

    ResponderEliminar
  3. Anónimo5.6.17

    Esta novela pareceume moi entretida por que conta a historia de unha rapaza entre dous países.
    o personaxe que mais me gustou foi o de Lakshmi por que comprende a súa amiga e a intenta axudar.
    (Antía Gil Nogueira 1*B)

    ResponderEliminar
  4. Antía Álvarez 1ºB5.6.17

    É moi entretido. Grazas a el podes aprender sobre outra cultura e a aprender valores importantes.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo5.6.17

    O libro pareceume moi bonito, á vez que interesante. O relato conta os feitos narrados por unha nena de dez anos que expresa os seus pensamentos, ilusións, pesadelos... O final non me gustou moito, xa que a min encántame saber os finais, e neste caso quedou o momento máis interesante da novela sen descubrir.
    [Sara Iglesias Hernández, 1º ESO B]

    ResponderEliminar
  6. mateo rubio 1 c7.6.17

    encantame e leer mentras pensas sobre a situacion da muller e o amor cara unha terra que e nosa xa que ao falar do prestige todos puxemonos nese papel cara as costa galega

    ResponderEliminar