16.1.18

DENÉBOLA, A ROXA

O alumnado de 1º de ESO ten nesta segunda avaliación  a novela Denébola, a Roxa, de HÉCTOR CAJARAVILLE, como libro de lectura optativa.

Unha historia de aventuras e viaxes ultramarinas no século XVII protagonizada por unha rapaza que non se conforma co papel que a familia e a tradición lle adxudica e busca o seu lugar no mundo. Así o expresa na dedicatoria: A todas as mulleres que renegan de que o seu destino estea escrito nas estrelas”.


Presentación editorial











Guía de lectura

2 comentarios:

  1. Anónimo18.1.18

    Héctor Carballude González 1ºB.

    A novela gustoume. Gustáronme sobre todo os primeiros capítulos e a forma na que describía o transporte de mercadorías. En cambio, non me gustou moito a parte dos piratas, e ás veces sentín que o autor buscaba dicir moitas cousas e que non se centraba nas que eran verdadeiramente importantes, deixando fora detalles que eran moi importantes e introducindo outros que non o eran tanto.
    Para a miña forma de ver toda a novela xira en torno a aquela frase que lle decía sor Patrocinio a Denébola, aquela que decía algo así como: "ao principio todas queremos fuxir, pero amásannos como a formas consagradas e conseguen que xa non entendamos a vida fora destes muros". E isto a min gustoume moito.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo21.2.18

    A novela DENÉVOLA A ROXA gustoume moito, porque asimilaba a vida das mulleres no século XVI e porque Denévola intenta que cambie esa forma de vida. Eu recoméndoo a todos aos que lles guste a aventura.

    CARME CRUZ RODRÍGUEZ 1ºC

    ResponderEliminar