3.5.18

VIAXE A SANTIAGO


O alumnado de Comunicación Oral de 1º BAC visitou o luns 23 de abril as instalacións do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Na biblioteca da institución, cunha privilexiada vista da fachada da catedral, coñeceu de primeira man o funcionamento do portal http://consellodacultura.gal/ e mais http://culturagalega.gal/. De seguido, visitaron o Parlamento de Galicia, onde realizaron un simulacro de debate parlamentario. Para rematar foron recibidos polo presidente do Parlamento. No seguinte enlace podedes consultar a impresionante colección de arte galega espallada polos corredores do edificio: http://www.parlamentodegalicia.es/arte/








Ningún comentario:

Publicar un comentario