O alumnado de
Comunicación Oral de 1º BAC visitou o luns 23 de abril as instalacións do
Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Na biblioteca da
institución, cunha privilexiada vista da fachada da catedral, coñeceu de
primeira man o funcionamento do portal http://consellodacultura.gal/ e mais http://culturagalega.gal/.
De seguido, visitaron o Parlamento de Galicia, onde realizaron un simulacro de
debate parlamentario. Para rematar foron recibidos polo presidente do
Parlamento. No seguinte enlace podedes consultar a impresionante colección de
arte galega espallada polos corredores do edificio: http://www.parlamentodegalicia.es/arte/
3.5.18
24.4.18
DÍA DO LIBRO 2018
Un ano máis, o Departamento de Lingua Castelá celebra esta semana o Día do libro con diversas actividades que cada curso traballou previamente. A maioría adorna a entrada e as escaleiras do centro, aportando color e literatura a ese espazo importante para a comunidade educativa. Pola súa parte, as Patrullas Literarias de 1º de bacharelato visitan as aulas de martes a venres agasallando textos aos compañeiros. E os máis pequenos enfrontaranse o próximo venres a unha xincana literaria preparada polas sus profesoras para eles.
Viva a literatura e os lectores!!!!
4.4.18
DÍAA DA NARRACIÓN ORAL 2018
Para conmemorar o DÍA DA NARRACIÓN ORAL (20 marzo) o alumnado de 1º ESO participou o venres 23 nunha actividade na biblioteca xunto con alumnado de 2º de Educación Primaria do Ceip Mestre Vide, acompañado pola súa profesora Rita.
Baixo o título “Contamos lendas”, Sara, Jorge, María, Alba, Mencía, Antía, Estela, Lola e Numila contaron a este “pequeno” auditorio as lendas de San Andrés de Teixido, a lagoa da serpe, a fonte de Ana Manana, a serea Maruxaina ou o home lobo entre outras...
A recepción por parte dos nenos e nenas foi fantástica e ata algún deles se animou a contarnos algunha lenda tamén.
Como agasallo final, os cativos degustaron uns caramelos poéticos feitos polo noso alumnado para a ocasión. Foi unha actividade moi satisfactoria que desexamos repetir nos vindeiros cursos!!
12.3.18
MULLERES BRAVAS NA HISTORIA
Esta tarde o alumnado de Artes Escénicas de 4º de ESO, baixo a dirección da súa profesora Hortensia Alonso, realizou unha posta en escena no Salón de Actos coa que sacou á luz a un grupo de mulleres, unhas máis coñecidas e recoñecidas ca outras. Rosakía de Castro, Helena de Troya, Hipatia de Alexandría, Marie Curie son máis populares. Outras, como as coruñesas Irene González e Sofía Casanova, a francesa Camile Claudel, a estadounidense Isadora Duncan son menos coñecidas mais non por iso menos valiosas. E otras moitas, ata preto de trinta personaxes femininos, preséntanse ante o público coa súa indumentaria e a súa biografía.
Con este acto quixeron facer unha homenaxe a tantas mulleres valentes e valiosas que habitaron as sombras durante moito tempo.
VISITA Á BIBLIOTECA DA UNIVERSIDADE
O alumnado de Comunicación Oral de 1º de Bacharelato realizou unha Biblioteca Rosalía de Castro da Universidade, organizada pola súa profesora Miriam González. Coñeceron a distintas dependencias, os fondos bibliográficos e a maneira de localizalos. Un espazo do que moitos farán uso en anos vindeiros.
Resultou tan interesante que a repetiremos en anos próximos.
Resultou tan interesante que a repetiremos en anos próximos.
24.2.18
CONCERTO NA BIBLIOTECA
Con motivo da celebración do Día de Rosalía, a Biblioteca acolleu un Concerto a cargo de varias alumnas de 1º D de ESO.
Marta Ánxela Cotos, interveu como presentadora.
María López (viola), Mencía Luís (frauta) e Alba Fidalgo (óboe) interpretaron "O son do ar".
Paula Cueto (guitarra) ofreceu "Bágoa"
María López (bombardino) interpretou o Concertino
Marta Ánxela Cotos, interveu como presentadora.
María López (viola), Mencía Luís (frauta) e Alba Fidalgo (óboe) interpretaron "O son do ar".
Paula Cueto (guitarra) ofreceu "Bágoa"
María López (bombardino) interpretou o Concertino
Uxía Romero e Paula Cueto interpretaron a composición da súa autoría "Rosalía"
VISITA Á BIBLIOTECA DE OURENSE
Estes días o alumnado de 1º de ESO realiza unha visita guiada á Biblioteca Pública de Ourense. Coñecemos as instalacións, percorremos os distintos espazos e coñecemos os fondos que posúe e a maneira de localizalos.
Unha visita interesante que teremos que repetir en anos próximos.
1º A
1º D
1ºE
1º C
15.2.18
OS NOSOS ENCADEADOS
Os nosos encadeados é unha revista que recolle os xogos de lingua realizados polo alumnado de 1º de ESO. Quen se anima a xogar coas palabras?
8.2.18
TERTULIAS LITERARIAS - IZAN O DA SACA
O xoves 1 de febreiro o Club de lectura de 1º
Bacharelato participou na tertulia literaria xunto con outros centros da provincia.
Entre todos foron debullando Izan o da
saca, a medio camiño entre a novela
histórica e o xénero negro. A presenza dos nazis en Galicia resultou ser o tema
que máis interese suscitou, xunto coa valoración dos personaxes principais. Ao
remate, o autor Xabier Quiroga presentou un interesante repaso fotográfico polos espazos nos que se desenvolve a acción.
A lectura non puido quedar máis completa!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















































