5.4.08

O PAZO BALEIRO



Xabier P. Docampo: O pazo baleiro
Ilustracións de Xosé Cobas
Col. Sopa de libros. Editorial Anaya.
Madrid, 1997


Resumo argumental:
Nicolás non é quen de segui-lo ritmo das clases. Amólalle ir sempre á escola. Así que toma a seria decisión de non volver procurando que seus pais non se decaten. Sen embargo está engaiolado polo traballo do seu tío Delio, un reparador de vellos reloxos que vive nun vagón de tren abandonado. Nun dese reloxos está o comezo dunha emocionante investigación da man dos seus amigos Ramiro e Sol, únicos cómplices dos seus segredos, cando atopan dentro dese reloxo un cofre con misteriosos obxectos.
Entre eses obxectos atópase unha carta que lles dá a clave para saber ónde comeza-la súa investigación: o pazo baleiro.


E ti que opinas?

3 comentarios:

  1. Anónimo19.4.08

    O libro gostoume moito. Apasionaríam descubrir un segredo tan antigo, aínda que non me creo que se poida tolear porque alguén non te queira.
    Menosmal que o libro tiña unha arbore xenealóico porque se non faríame un lío!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo22.1.09

    o libro encantoume pero e un pouco infantil

    ResponderEliminar
  3. Anónimo3.11.09

    a mon obligaronme a lelo en secundaria e é un muermo non tiña emocion. recomendo mais as aventuras de said e xeila

    ResponderEliminar