5.4.08

A SEREA DA ILLA NEGRA


Agustín Fernández Paz: A Serea da Illa Negra

Edit. Tambre, Col. Ala Delta, 2003

Este libro recolle dous textos, un deles xa publicado con anterioridade.
O primeiro, A Serea da Illa Negra, sitúase en Arán, unha pequena aldea de mariñeiros, onde vive Sara, a única nena do lugar. Cada mañá, desde a fiestra do seu cuarto ela ve o mar e a Illa Negra, unha escura masa rochosa contra a que as ondas baten sempre con violencia aínda nos días de mar calmo. Contan dela historias terribles por mor dunha malvada Serea que atrae os mariñeiros cos seus engados para logo levalos á cova.

O segundo dos textos, A néboa negra, é unha reedición de A néboa escura, con pequenas modificacións textuais. Branca, nena de once anos, vivía nun fermoso val polo que deron en pasar forasteiros con présas e medo pois seica fuxían dunha estraña peste que traía unha Néboa Escura. Un día chegou unha nube negra e anegou todo o val en néboa. Esa noite ela durmiu co seu colgante co tríscele gravado. Cando acordou, os seus pais seguían durmidos, como todos os seres vivos.
Cóntanos a túa opinión sobre este libro.

1 comentario:

  1. Anónimo21.4.08

    Non me gostou moito o primeiro relato porque se desenrola todo algo atrapallado e as veces perdome.
    Pero o segundo xa me gostou máis.

    ResponderEliminar