8.11.10

PREMIOS LITERARIOS



libros vargas llosa 001

O NOBEL de LITERATURA 2010 foi concedido a MARIO VARGAS LLOSA, escritor peruano con nacionalidade española desde 1993. Este merecido premio, longamente agardado polos lectores deste gran novelista, convértese no undécimo Nobel da literatura en lingua castelá, concedido con anterioridade a outros escritores españois (J. Echegaray en 1904, J.Benavente en 1922, J.R.Jiménez en 1956, V. Aleixandre en 1977 e C.J.Cela en 1989) e hispanoamericanos (a chilena Gabriela Mistral en 1945, o guatemalteco Miguel A. Asturias en 1967, o chileno P. Neruda en 1971, o colombiano G. García Márquez en 1982 e o mexicano Octavio Paz en 1990).



De Vargas Llosa dispoñemos na Biblioteca dalgunhas das súas novelas como La ciudad y los perros, Pantaleón y las visitadoras, La tía Julia y el escribidor,¿Quién mató a Palomino Molero? e tamén a súa última novela, publicada estes días, El sueño del celt , baseada na apaixonante vida do irlandés Roger Casement (1864-1916), personaxe real que según o escritor tuvo una vida muy aventurera y realmente novelesca”. Tres anos dedicou V. Llosa a reconstruír a vida deste personaxe, defensor dos dereitos humanos: "No me acuerdo cuándo descubrí a este personaje, pero sí que fue al leer una biografía de Joseph Conrad. Al principio me despertó la curiosidad, sobre todo porque vi que había estado en la Amazonía, en el Perú amazónico. Empecé a buscar materiales sobre él y cuando me quise dar cuenta ya me había atrapado", dixo o escritor.



O PLANETA 2010, un dos premios literarios xunto co Nobel e o Cervantes mellor dotado economicamente e que xa vai pola 59ª edición, foi concedido ó novelista barcelonés EDUARDO MENDOZA pola novela Riña de gatos. Madrid 1936, presentada baixo o título provisional de La muerte de Acteón e baixo o pseudónimo de Ricardo Medina. Narra a vida dun experto británico en arte que chega a Madrid na primavera previa ó alzamento militar de Franco para autentificar un cadro de Velázquez descoñecido ata entón. "Una novela de las que me gusta leer y de las que me gusta escribir (...) con una trama de ficción en un marco rigurosamente cierto” declarou Mendoza tras coñecer o galardón.


O novo Premio Planeta é un dos novelistas máis coñecidos e de maior éxito comercial do panorama literario español na actualidade. A súa primeira novela La verdad sobre el caso Savolta foi considerada a precursora da narrativa española postfranquista ; esta novela era lectura obrigatoria en 2º de bacharelato ata o curso pasado . Mendoza é ademais un mestre do humor e da parodia, así nolo mostran novelas como El misterio de la cripta embrujada, El laberinto de las aceitunas ou Sin noticias de Gurb…, novelas que tamén teñen sido de lectura obrigatoria no Instituto.


Unindo ambas novas literarias, hai que lembrar que o Nobel 2010 tamén foi gañador do Planeta en 1993 pola novela Lituma en los Andes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario