1.12.10

A PANXOLIÑA DO TUENTI

Xa próximo o Nadal, os alumnos de 1º de ESO, baixo a dirección das profesoras Mercedes Seixo e Mercedes Lozano, crearon esta moderna panxoliña coa que agora nos agasallan para transmitirnos a súa felicitación musical.



No Tuenti acabo de ler
que hoxe en Belén naceu o Neno.
Imos mandarlle un e-mail
para dicirlle canto o queremos.

Retrouso:
Nenos e nenas vinde chatear
que Xesús acábase de conectar,
vinde chatear, vinde chatear,
vinde chatear, vinde chatear.

Din que ten conta en gmail
pero o enderezo eu non o teño
nenogmail.com
falta a @ onde a metermos.

(Retrouso)

No tablón voulle pedir
que suba unha foto do seu nacemento.
Quero ser o seu amigo
xogar co Towner e coa Nintendo.

(Retrouso)

A panxoliña do Tuenti
está acabando, vai rematar
que teñades boas festas
e o aguinaldo xa preparar.

2 comentarios:

  1. Anónimo2.12.10

    ola, só quería dicir que estivo moi ben esta panxoliña e que foi moi divertida, encantoume moito
    seguide así rapaces, quero escoitar outra para o ano que ben.
    esta panxoliña xa a teño como tono de mobil.

    ResponderEliminar
  2. Elvira3.12.10

    Bravo , rapaces , por esta pegadiza panxoliña e polo ben que o facedes. Ó resto da comunidade escolar só nos queda aprendela . Noraboa ás dúas Mercedes e ¡que siga a creatividade!

    ResponderEliminar