31.1.11

ENCONTRO CON ROSA ANEIROS


Esta tarde veunos visitar Rosa Aneiros. No Salón de Actos tivo lugar o encontro da escritora cos alumnos de 1º de Bacharelato para falar da novela Resistencia que todos eles están lendo.

Rosa falou da súa experiencia como escritora, contou algúns aspectos do proceso de creación da novela e conversou cos alumnos acerca da súa actividade literaria e profesional.



Na biblioteca contamos con exemplares doutras obras da autora, dispostos para a súa lectura. Animádevos!







No hay comentarios:

Publicar un comentario