10.3.11

ENTROIDO 2011

Un ano máis no instituto celebramos por todo o alto o Entroido e houbo, coma sempre, variados e divertidos disfraces e, sobre todo, moito moito humor.
Reunidos no Salón de Actos para o tradicional concurso.
Exerceron magnificamente o seu papel de presentadores Martín González e Carmen Doval e contamos nesta ocasións coa colaboración de dúas notables personalidades: como técnico de son o Sr. Pablo Iglesias e como fotógrafo co Sr. Felipe González. Nada menos!

Despois repartíronse os premios do Concurso de Caretas organizado polo Departamento de Plástica e tamén os premios dos concursos de disfraces, este ano dotados con extraordinarios premios de moita moita pasta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario