27.5.11

CELANOVA

Un ano máis os departamentos de Música e Lingua Galega desprazáronse ata Celanova para levar a cabo un completo e interesante programa de actividades:

Visita á Casa Museo de Curros Enríquez, percorrido polo Mosteiro de San Rosendo e asistencia ao concerto de órgano interpretado pola profesora Marisol Mendive do Conservatorio de Ourense acompañamento dos alumnos á flauta, visita ao Auditorio Municipal e biblioteca do instituto.

Pola tarde, trala lectura de poemas en distintas prazas e rúas relacionadas con Curros e Celso Emilio, viron a Virxe do Cristal, visitaron a Torre de Vilanova e achegáronse ata o Castro de Castromao.

Imagen0117 Imagen0119 Imagen0130

LETRAS GALEGAS 2011

O último xoves de maio celebrouse no salón de actos unha actividade de recitado de haikus, creados polos alumnos, e visualización de fotos que os ilustraban. Ao rematar entregáronse os premios do Concurso Literario do Día das Letras Galegas e posteriormente o dos propios haikus.

Velaquí tedes as fotos

Curso PHP As Lagoas 069 Curso PHP As Lagoas 025 Curso PHP As Lagoas 025
Curso PHP As Lagoas 011 Curso PHP As Lagoas 020 Curso PHP As Lagoas 064
Curso PHP As Lagoas 087 Curso PHP As Lagoas 092 Curso PHP As Lagoas 084
Curso PHP As Lagoas 070 Curso PHP As Lagoas 073 Curso PHP As Lagoas 057

25.5.11

OBRADOIRO DE MONICREQUES

Grazas á colaboración de THELMA JOY PUTMAN, directora da Escola Municipal de Teatro, a biblioteca acolleu unha interesante actividade: “PUPPETS WORKSHOP”, obradoiro de monicreques en inglés, dirixido ao alumnado de 1º de ESO.

Logo da explicación inicial da actividade e da presentación dos monicreques participantes, realizaron a lectura do texto THE TREE LITTLE WOLVES e, a seguir, distribuídos en grupos, realizaron diferentes actividades: preparación dos decorados, planificación da música e ensaio previo.

 

maio 2011 monicreques thelma puppets workshop 001 maio 2011 monicreques thelma puppets workshop 005 maio 2011 monicreques thelma puppets workshop 003
maio 2011 monicreques thelma puppets workshop 002 maio 2011 monicreques thelma puppets workshop 009 maio 2011 monicreques thelma puppets workshop 007
maio 2011 monicreques thelma puppets workshop 008 maio 2011 monicreques thelma puppets workshop 011 maio 2011 monicreques thelma puppets workshop 013

P0r último, levaron a cabo a representación da obra.

A experiencia resultou moi positiva posto que, ademais de coñecer as posibilidades expresivas dos monicreques, tiveron a oportunidade de practicar expresión oral en inglés.

Agradecemos a Thelma a súa participación e animamos a todos os interesados a que acudan nestas vacaciónsde verán á Escola de Teatro para realizar similares actividades.

19.5.11

VIAXE A PADRÓN, SANTIAGO E GRES

Organizado polo Departamento de Galego tivo lugar o pasado día 4 de maio unha aproveitada xornada na que 30 alumnos de primeiro de bacharelato percorreron tres lugares emblemáticos da xeografía cultural de Galicia.

Visita á casa de Rosalía de Castro: Entre as dez e media e once e media visitamos a casa e os xardíns da casa de Rosalía en Padrón onde puidemos ver as lembranzas da súa vida e da súa familia que alí se gardan.

Visita á Cidade da Cultura: De doce a dúas menos cuarto asistimos a unha visita guiada ás instalacións da Cidade da Cultura no monte Gaiás. Alí puidemos ver os dous edificios en funcionamento, Biblioteca e Arquivo e os outros dous cuxa construción está moi avanzada, (Museo e servizos centrais). A visita incluíu unha explicación demorada de proxectos, ritmos etc. Aínda que o máis que cobizou ao mozos e mozas foi subir polo tellado pino.

En Santiago de Compostela fixemos a parada de dúas horas e cuarto para xantar libres pola cidade.

Visita a Gres  Ás cinco da tarde tivemos un emocionante encontro co escritor Xosé Neira Vilas quen nos contou a súa vida e nos ensinou a activa Fundación que leva o seu nome.

Despois fixemos un percorrido polas "insuas de Gres", unha das paisaxes máis fermosas do noso territorio, formada por varías illas no cauce do río Ulla, xusto ao pé da Ponte Ledesma onde tivo lugar unha das máis importantes batallas contra os franceses en 1809.

Chegamos de volta sobre as oito da tarde despois de pasar un día magnífico.

 

P5040056 [1024x768] P5040067 [1024x768] P5040071 [1024x768] 
P5040093 [1024x768] P5040107 [1024x768] P5040117 [1024x768]
     

6.5.11

PALABRAS, FROITOS DA LINGUA

Como inicio da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, O Equipo de Potenciación da Lingua, en colaboración co Departamento de Lingua Galega e Literatura e coa Biblioteca e organizou unha actividade especial. Trátase do concurso PALABRAS, FROITOS DA LINGUA, no que cada participante elaborou unha froito e escribiu unha palabra especial para el, ben por ser coñecida, por estar en perigo de extinción ou por algunha razón afectiva persoal.

Todas as froitas foron penduradas das árbores do patio e así, ben engalanadas, exhibirán a súa beleza.

No acto de inauguración da mostra contamos co acompañamento dun grupo de gaiteros e de cabezudos que festexaron con nós este acto de exaltación da lingua.

Tamén entregamos os premios ás mellores froitas e ás mellores palabras.

3.5.11

"Os adolescentes que len son máis alegres"

Así o indica un estudo publicado na revista Archives of Pediatric and Adolescent Medicine. Parece ser que os adolescentes que len son máis alegres e son menos propensos á depresión, ao contrario do que sucede con aqueles que pasan moitas horas escoitando música.

Aquí vai o enlace á noticia completa.

Verdade ou mentira, sempre hai mil razóns para que os libros sigan sendo bos compañeiros do noso lecer.

18.4.11

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS (2008-2011)

Cando no curso 2007-2008 puxemos en marcha o CONCURSO DE MARCAPÁXINAS, non podíamos sospeitar que iamos contar cunha colleita tan abondosa e significativa .

Por unha parte, hai que salientar o notable éxito de participación, que nos levou a entregar varios accésits para recoñecer o esforzo de tantos alumnos e a valía de todos os marcapáxinas presentados.

Ademais, a calidade plástica dos mesmos e o interese dos slogans presentados fannos pensar que a iniciativa resultou un extraordinario éxito que, por suposto, haberá que manter para anos próximos.

Despois de catro edicións, cremos chegado o momento de reunir todos os marcapáxinas premiados, como proba evidente do extraordinario talento do noso alumnado e tamén como agradecemento noso por teren respondido con tanto entusiasmo á nosa proposta.

A todos, moitas felicidades!

MARCAPÁXINAS 2008
FABIO PERIANES
MARCAPÁXINAS 2009
MARGARIDA RODRÍGUEZ TILVE
premio

MARCAPÁXINAS 2010

PAULA CONDE LAMA IAGO ROMÁN VÁZQUEZ

MARCAP2

MARCAPÁXINAS 2011

IAGO ROMÁN VÁZQUEZ

 

marcapáxinas 002

14.4.11

DÍA DO LIBRO

O Departamento de LINGUA CASTELÁ, en colaboración coa BIBLIOTECA, organizou unha Semana de Actos en conmemoración do DÍA DO LIBRO, celebración anticipada neste curso por mor da súa coincidencia coas vacacións de Semana Santa.

Comezamos a semana facendo un pouco de historia e recordando o bo facer literario de moitos dos nosos ex-alumnos. E fixémolo mediante unha EXPOSICIÓN DAS PUBLICACIÓNS cos TRABALLOS PREMIADOS nos Concursos Literarios que el Departamento de lingua Castelá realizou desde o primeiro curso de existencia do instituto (1977-1978). Concursos que se convocaban ao principio con motivo da festividade de Sto Tomás de Aquino e, xa máis adiante, celebrando o Día do Libro.

abril 2011 DIA DO LIBRO 025 abril 2011 DIA DO LIBRO 026 abril 2011 DIA DO LIBRO 001
abril 2011 DIA DO LIBRO 005  abril 2011 DIA DO LIBRO 009 abril 2011 DIA DO LIBRO 013
   abril 2011 DIA DO LIBRO 030  
   

E rematamos ao grande no salón de actos, con dúas actuacións do incrible CRISPÍN D'OLOT, xograr do século XXI, quen, como xa ocorrera o ano pasado, nos introduciu dunha maneira moi amena no disfrute da literatura culta e popular. O xoves actuou para 4º de ESO e 2º de BACH, con textos literarios dos séculos XIX e XX; o venres, para 3º ESO e 1º BAC, con textos desde a Idade Media ao século XVIII. Organizáronse dúas sesións para que Crispín puidese recoller en cada unha contidos correspondentes a estes cursos, do programa de literatura castelá.

abril 2011 DIA DO LIBRO 006 abril 2011 DIA DO LIBRO 010
abril 2011 DIA DO LIBRO 018 abril 2011 DIA DO LIBRO 016  


Pechamos a sesión do venres coa ENTREGA DE PREMIOS. O Departamento de Lingua castelá entregou os do CONCURSO LITERARIO e a Biblioteca, os correspondentes ao CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 2011, fallado xa no primeiro trimestre.

abril 2011 DIA DO LIBRO 003abril 2011 DIA DO LIBRO 011 abril 2011 DIA DO LIBRO 008 abril 2011 DIA DO LIBRO 007
abril 2011 DIA DO LIBRO 015 abril 2011 DIA DO LIBRO 033
abril 2011 DIA DO LIBRO 028 abril 2011 DIA DO LIBRO 019
abril 2011 DIA DO LIBRO 032 abril 2011 DIA DO LIBRO 004