O día 4 recibimos no instituto a Francisco Castro que se reuniu cos alumnos de 1º e 3º de ESO para falar das súas novelas Chamádeme Simbad e O corazón da Branca da Neve.
Logo do interesante coloquio cos lectores asinou exemplares das súas obras.
Agradecidos pola súa visita.
25.5.15
CINCO OVEJAS NEGRAS
Cinco ovejas negras é un blog que naceu en setembro de 2014 co obxectivo de difundir a lectura infantil e xuvenil e achegar os libros e a actualidade literaria aos lectores.
As súas autoras, cunha longa experiencia no ámbito da biblioteconomía, na docencia e en centros especializados, preparan reseñas e presentación de libros clásicos e actuais.
Noticias de actualidade, entrevistas cos autores, selección de libros clasificados por idade e por temas, relación de autores e ilustradores... unha interesante web que nos achega unha valiosa información acerca do panorama actual da mellor literatura infantil e xuvenil.
Estaremos atentos aos seus consellos e orientacións.
22.5.15
13.5.15
Gañadores I Concurso Ilustración "Peito de Lobo"
Xa temos gañadores para o I Concurso de Ilustración, organizado pola Biblioteca, o Departamento de Plástica e o Equipo de Dinamización Lingüística.
Os gañadores foron:
1º premio: María Domínguez Pérez (1º D ESO)
2º premio: Sara Nogueiras González (1º C ESO)
3º Premio: Alberto Valencia Saco (1º D ESO) e Mario López Lois (1º D ESO)
Felicitamos a todos eles polo seu magnífico traballo. E salientamos a colaboración da profesora de plástica, Juliana Ortega, que coordinou e dirixou a elaboración das imaxes.
Ademais da publicación en papel, está tamén dispoñible a edición dixital que pode verse neste enlace:
.

Sara Nogueiras |
Alberto Valencia |
Mario López |
7.5.15
VIAXE A CELANOVA
Un ano máis, o Departamento de Lingua Galega organizou unha excursión a Celanova para desenvolver unha interesante visita á terra de Curros Enríquez, Celso Emilio e Méndez Ferrín.
Gozamos das fermosas paisaxes e da frondosa vexetación desta terra, coñecemos o legado dos devanceiros e retornamos ata os afastados tempos dos castros, a Idade Media, o século XIX...e vivimos unha xornada de convivencia e diversión.
Sumámonos tamén á demanda de xustiza para o párroco D. Adolfo, custodio da Virxe do Cristal.
Grazas aos guías que nos acompañaron, especialmente a Paula, sempre tan entregada e encantadora.
E ata o ano que vén!

No Castromao, escoitando a Paula |
Candela Mazaira le un fragmento de "A Virxe do Cristal" |
No poboado castrexo |
Diante da capela de San Miguel |
No Coro, atentos ás explicacións da guía. |
Códice no Mosteiro de San Rosendo |
Na Casa dos Poetas, escoitando as explicacións de Paula |
Candela Mazaira le a "Cantiga" de Curros Enríquez |
José Luís lendo o poema "A igrexa fría" |
Na Praza Maior, iniciando o roteiro literario |
Na Biblioteca do IES de Celanova |
Diego le o poema "Longa noite de pedra" acompañado ao piano por Flor |
Raúl ao piano |
Na Adega de S. Vivián |
Na Torre da Homenaxe de Vilanova dos Infantes |
5.5.15
DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA
Con motivo de la celebración del Día
Internacional del Libro, asistimos en la Biblioteca del Centro a una sesión de
clase un tanto especial. Fue el último
paso de todo un proyecto que comenzó con una investigación, por parte de los
alumnos de 4º de ESO de diversificación. Trabajaron sobre Miguel de Cervantes,
El Quijote, el Día del Libro y el Premio Cervantes. Con los datos recogidos,
elaboraron un mural y a partir de él, dos alumnas impartieron una charla a un
grupo de alumnos de 1º de ESO.
Esta lección resultó todo un éxito:
atención correctísima por para de los alumnos, soltura en la exposición de las
“profesoras” una vez que pasaron los nervios del principio. La sesión finalizó
con la proyección de algunos fragmentos de series de televisión y alguna curiosidad
como una serie japonesa basada en el texto de Cervantes. Una buena experiencia
para todos, sin duda.
29.4.15
28.4.15
O CORAZÓN DE XÚPITER
Unha vez que os alumnos de 3º xa lestes O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, podedes deixar os vosos comentarios sobre este libro, sobre todo despois de escoitar da propia autora as ideas principais que quixo contar nesta historia.
As vosas opinións seguro que resultan interesantes para futuros lectores.
ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS
Hoxe recibimos a Ledicia Costas para un encontro co alumnado de 3º ESO acerca da súa obra O corazón de Xúpiter.
Falounos das motivacións para escribir esta historia de crítica social e concienciación acerca dos perigos das redes sociais. Respondeu as moitas preguntas dos rapaces sobre esta obra que moito lles gustou e non os deixou indiferentes, cumprindo deste modo o obxectivo que ela se propuxo ao escribila.
Desde hoxe contamos tamén na biblioteca con exemplares dedicados de O corazón de Xúpiter e de Escarlatina, a cociñeira defunta!!
Grazas a Leticia por dedicarnos o seu tempo e compartir as súas experiencias cos lectores.
E ata a próxima!!
Etiquetas:
A nosa biblioteca,
Actividades,
ENCONTROS COS AUTORES
23.4.15
DÍA DO LIBRO 2015
O Departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza diversas actividades para conmemorar o Día do Libro.
Entre elas, unha exposición cos traballos dos alumnos en torno ao tema do libro e da poesía.
Velaquí unha mostra:
Entre elas, unha exposición cos traballos dos alumnos en torno ao tema do libro e da poesía.
Velaquí unha mostra:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)