17.12.07

Algunhas citas sobre a lectura


Aquí van algunhas citas sobre os libros e a lectura. Seguro que estamos moi de acordo con moitas delas, ou non?
E, se coñecedes algunha outra cita de interese, facédenola saber.


"Os meus libros sempre están á miña disposición, nunca están ocupados"(Marco Tulio Cicerón)

"Non hai espectáculo máis fermoso ca a mirada dun neno que le" (Günter Grass)

"Non hai libro tan malo do que non se poida aprender algo bo" (Plinio o Xove)

"A mellor característica dun libro é que provoque reaccións no lector e o empuxe a actuar" (Thomas Carlyle)

"Polo grosor do po nos libros dunha biblioteca pública pode medirse a cultura dun pobo" (Autor desconocido)

"Os libros son amigos que nunca decepcionan" (Thomas Carlyle)

"Amar a lectura é cambiar horas de fastío por horas de inefable e deliciosa compañía" (John Fitzgerald Kennedy)

"Considero que a televisión é tan educativa... que cada vez que alguén pon en marcha a televisión saio da habitación e instálome noutra para ler un libro" (Groucho Marx)

"El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho." (Miguel de Cervantes Saavedra)

"Os libros son abellas que transportan o pole da sabiduría dunha mente a outra" (James Rusell Lowell)

"A lectura é a viaxe dos que non poden tomar o tren" (F. de Croisset)

"A lectura dun bo libro é un diálogo incesante, en que o libro fala e a alma contesta" (André Maurois)

"A lectura é para o espírito, o que a ximnasia para o corpo" (Steele)




Ningún comentario:

Publicar un comentario