É un grupo aberto, de profesores e alumnos, que se reúne cada certo tempo para cambiar impresións sobre un libro, lido previamente na casa.
Non é unha reunión para especialistas en literatura, senón para lectores comúns. Trátase de comentar o lido e compartir cos demais o impacto persoal que produciu en cada un: temática, estilo, personaxes, acción e, por suposto, sentimentos e reflexións que a lectura do libro evocou no lector.
- Comezaremos con narrativa.
- En lingua galega ou castelá.
- Faremos reunións na biblioteca cada mes para comentar o lido e propoñer, se é o caso, nova lectura.
- Tamén se pode participar de xeito virtual a través do blog.
A primeira lectura proposta é:
El niño con el pijama de rayas, novela do escritor irlandés John Boyne, publicada pola editorial Salamandra.
É un libro do que se está a falar moito xa que se converteu nun éxito literario, conseguiu moitos premios, traduciuse a 22 idiomas e xa se transformou nunha película de Disney, dirixida por Mark Herman.
É unha obra fácil de ler e que engancha con facilidade.
Na Biblioteca haberá exemplares a disposición dos lectores interesados.
Convidámosvos a ler o libro e a asistir á próxima reunión o día 15 de xaneiro, no recreo.
E tamén a que deixedes os vosos comentarios no club de lectura virtual, que tedes na marxe dereita do blog. Para iso ide a “Comentarios”, pinchade e incluíde as vosas opinións cando desexedes.
Coordinan esta actividade: Mª Carmen, Elvira, Hortensia, Celia e Virxilio.
11.12.07
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Este libro estiveno lendo en Navidades, teño que recoñecer que me deixou impactada e sobrecollida, esperaba outro final. A lectura do libro foi amena, xa que o autor relata a historia desde o punto de vista dun neno dunha maneira moi dulce e sinxela.
ResponderEliminar